TITIRIDEZA 2015
Desde o xoves 27 ata o domingo 30 a cabeceira do Deza celebra a 14ª edición do seu festival de monicreques. Organizado por Viravolta Títeres, o festival convoca en Lalín a seis compañías galegas. Quérese así homenaxear ao primeiro encontro de titiriteros de Galicia, en 1985 en Mondoñedo.
Os espectáculos desenvolveranse en escenarios cubertos (3 euros) e ao aire libre (de balde), e son o Auditorio Municipal, o Museo Ramón Mª Aller, a Praza da Igrexa, a Praza da Galicia e a rúa Colón, a expensas da meteoroloxía. Pero ademais do festival, debes visitar a exposición dos títeres da década dos 1980 no Museo Galego da Marioneta sito no Espazo Liñares.
PROGRAMA:
27/08
- 20:30 h. 'Tanxarina, títeres e marionetas' presenta "A casa do avó". Auditorio municipal (3 €)
28/08
- 20:30 h. 'Os monicreques de Kukas' presenta "Contos do vento acatarrado". Auditorio Municipal (3 €)
29/08
- 18:30 h. Presentación de libro 'STRPTS // episodio 1: Mirlo e Rula', de Cinema Sticado en colaboración con Libraría Vagalume. Museo Municipal Ramón Mª Aller.
- 20:00 h. 'Fantoches Baj' presenta "Rodarirrodari". Praza da Igrexa (de balde).
- 22:30 h. 'Artello' presenta "Non toques os meus círculos". Praza interior do concello novo (3 €)
30/08:
- 19:00 h. 'Dhantea Teatro' presenta "Carapuchiña vermella ou o conto do lobo". Rúa Colón (de balde).
- 22:00 h. 'Cinema Sticado' presenta "STRPTS // episodio 1: Mirlo e Rula". Praza da Igrexa
- Created on .
- Hits: 998