A I Semana de Teatro e das Artes Escénicas do concello de Cee
A I Semana de Teatro e das Artes Escénicas do concello de Cee terá lugar do 18 ao 24 de agosto. Será aquí cando o teatro tomará o relevo con Talía Teatro, Malasombra, Teatro do Atlántico, o Aturuxo de Melpómene, Improperio DF, como reclamos, ademais dos monólogos de Luís Zahera ou a proposta cómico-musical de Luís Iglesia e Xavier Deive.
En horario de 9 a 13.30 horas e na Biblioteca Municipal sita na Casa de Cultura, xa se poden adquirir os bonos para a Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee, CEE, Á ESCENA!
Hai 3 tipos de bonos:
- Bono adultos entrada xeral: 25 €
(7 funcións)
- Bono desempregados e pensionistas: 15 € (7 funcións)
- Bono infantil: 6 € (6 funcións)
As entradas individuais, á venta 45 minutos antes do comenzo de cada función, terán os seguintes prezos:
Adultos: 5 € a normal e 3 € para desempregados e pensionistas.
Infantil: 2 € (nas funcións infantís, os adultos tamén terán entrada a prezo especial de 2 €)
- Created on .
- Hits: 975