Escena Galega PREMIO DE HONRA “ROBERTO VIDAL BOLAÑO”, CONCEDIDO POLA MIT RIBADAVIA AO MÉRITO NAS ARTES ESCÉNICAS

No comunicado de prensa da MiT Ribadavia anunciou que o premio de honra 2015 Vidal Bolaño ao Mérito nas Artes Escénicas sexa para Escena Galega!!!

Moitas Grazas!!!

un resumo do comunicado de prensa:

O festival, que comeza o día 18 de xullo, aposta por fortalecer a unión e a confluencia ...de profesionais na procura do porvir e do trato digno para o desenvolvemento do oficio, así como pola diversidade e a defensa dun teatro de calidade propio, en galego e internacionalista, como amosan na súa actividade as compañías integrantes da Asociación Escena Galega.

 A tenacidade de Escena Galega en momentos críticos, permitiu que o teatro fose visible e formase parte da noticia e do debate, que axudase a manter en pé, xunto a outras Asociacións e empresas, a máis importante feira intersectorial da cultura galega, Culturgal, ou que estivese presente na negociación de convenios colectivos fundamentais para a normalización e a regularización de todas as profesións asociadas ás artes escénicas e musicais.

https://www.facebook.com/pages/MIT-Mostra-Internacional-de-Teatro-Ribadavia/273998606856?fref=nf

 

 

  • Created on .
  • Hits: 975
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.