Skip to main content
As xornadas profesionais de Escena Galega celebraranse este ano no Pazo da Cultura de Carballo en colaboración co programa A Cultura É Un Dereito da Deputación da Coruña

As xornadas profesionais de Escena Galega celebraranse este ano no Pazo da Cultura de Carballo en colaboración co programa A Cultura É Un Dereito da Deputación da Coruña As xornadas profesionais de Escena Galega celebraranse este ano no Pazo da Cultura de Carballo en colaboración co programa A Cultura É Un Dereito da Deputación da Coruña

Serán o vindeiro 20 de decembro e tratarán os Retos do Asociacionismo Profesional como un dos eixos vertebradores do sector escénico galego. Poden inscribirse profesionais ata o próximo día 18 Serán el próximo 20 de diciembre y tratarán sobre los Retos del Asociacionismo Profesional como uno de los ejes vertebradores del sector escénico gallego. Pueden inscribirse profesionales hasta el día 18

Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) cumpre este 2022 vinte anos de traballo ininterrompido en prol do sector escénico profesional, e neste ano tan sinalado a Deputación da Coruña colabora coa nosa entidade centrándos dentro do programa A Cultura É Un Dereito na situación do tecido escénico profesional dende o punto de vista do seu asociacionismo como un dos seus eixos vertebradores.

Nesta data sinalada, e no contexto sempre cambiante e cheo de desafíos no que parecemos acostumados e acostumadas a vivir nos últimos anos, queremos reflexionar, debater e compartir por tanto inquedanzas sobre algunhas das cuestións máis importantes para que o sector escénico profesional galego sexa máis sustentable, plural, aberto e relacionado co seu contexto social, económico e cultural.

Como mellorar a circulación escénica profesional no territorio, poñendo o foco nos contextos non urbanos tamén como unha forma de achegar non só a oferta senón a acción cultural ás vilas pequenas e medias, como artellar estratexias entre o sector creativo e o empresarial-produtivo para acadar posibilidades reais de extender as políticas de responsabilidade social das empresas tamén ao noso eido ou como traballar sobre as propostas de acción comarcalizada entre concellos pequenos que poidan reforzar a súa acción cultural de cara á cidadanía son algúns dos temas que tocaremos nesta xornada.

Tamén falaremos das asociacións profesionais, entendendo estes colectivos como parte fundamental non só do desenvolvemento senón tamén do sostemento do sector cultural galego, exemplo de vertebración, debatendo con compañeiras e compañeiros doutros ámbitos dentro das nosas fronteiras, e tamén do resto do Estado, co convite ás nosas entidades parceiras en Madrid, Cataluña e Euskadi.

Os eixos temáticos da xornada son:

  • Necesidade da acción combinada entre administracións para a xeración de proxectos de política cultural: democracia cultural, atención á oferta cultural en contextos rurais, estratexias de estabilidade para o sector creativo e de relación deste co seu contexto (cidadanía).
  • O financiamento privado (mecenado, patrocinio) de proxectos escénicos, posibles estratexias entre o sector creativo e o produtivo.
  • Comarcalización como vía para unha acción escénica más sustentable (residencias de creación, circulación, relación co contexto social...).
  • Retos de mellora na circulación escénica profesional en Galicia, centrada no achegamento da oferta e acción cultural especificamente a contextos non urbanos.
  • O rol do asociacionismo na vertebración do tecido profesional e creativo.
  • Eixo transversal: sostibilidade do sector a medio e longo prazo (económica, sistémica e de relación coa cidadanía).

A sesión desenvólvese grazas á colaboración da área de cultura da Deputación da Coruña e está comisariada polo noso xerente, Diego V. Meizoso. 

Pode realizarse a inscrición de profesionais a través desta ligazón ata o vindeiro 18 de decembro. 

Escena Galega (Asociación Gallega de Empresas de Artes Escénicas) cumple este 2022 veinte años de trabajo ininterrumpido en pro del sector escénico profesional, y en este año tan señalado la Diputación colabora con nuestra entidad centrándose dentro del programa La Cultura Es Un Derecho en la situación del tejido escénico profesional desde el punto de vista de su asociacionismo como uno de sus ejes vertebradores.

En esta fecha señalada, y en el contexto siempre cambiante y lleno de desafíos en el que parecemos acostumbrados y acostumbradas a vivir en los últimos años, queremos reflexionar, debatir y compartir por tanto inquietudes sobre algunas de las cuestiones más importantes para que el sector escénico profesional gallego sea más sostenible, plural, abierto y relacionado con su contexto social, económico y cultural.

Como mejorar la circulación escénica profesional en el territorio, poniendo el foco en los contextos no urbanos también como una forma de acercar no solo la oferta sino la acción cultural a las villas pequeñas y medias, como articular estrategias entre el sector creativo y el empresarial-productivo para alcanzar posibilidades reales de extender las políticas de responsabilidad social de las empresas también a nuestro campo o como trabajar sobre las propuestas de acción comarcalizada entre ayuntamientos pequeños que puedan reforzar su acción cultural de cara a la ciudadanía son algunos de los temas que tocaremos en esta jornada.

También hablaremos de las asociaciones profesionales, entendiendo estos colectivos como parte fundamental no solo del desarrollo sino también del sostenimiento del sector cultural gallego, ejemplo de vertebración, debatiendo con compañeras y compañeros de otros ámbitos dentro de nuestras fronteras, y también del resto del Estado, con el convite a nuestras entidades aparceras en Madrid, Cataluña y Euskadi.

Los ejes temáticos de la jornada son:

  • Necesidad de la acción combinada entre administraciones para la generación de proyectos de política cultural: democracia cultural, atención a la oferta cultural en contextos rurales, estrategias de estabilidad para el sector creativo y de relación de este con su contexto (ciudadanía).
  • La financiación privada (mecenazgo, patrocinio) de proyectos escénicos, posibles estrategias entre el sector creativo y el productivo.
  • Comarcalización como vía para una acción escénica más sostenible (residencias de creación, circulación, relación con el contexto social...).
  • Retos de mejora en la circulación escénica profesional en Galicia, centrada en el acercamiento de la oferta y acción #cultural específicamente a contextos no urbanos.
  • El rol del asociacionismo en la vertebración del tejido profesional y creativo.
  • Eje transversal: sostenibilidad del sector a medio y largo plazo (económica, sistémica y de relación con la ciudadanía).

La sesión se desarrolla gracias a la colaboración del área de cultura de la Diputación de A Coruña y está comisariada por nuestro gerente, Diego V. Meizoso.

Puede realizarse la inscripción de profesionales a través de este enlace hasta el próximo 18 de diciembre.

FaLang translation system by Faboba