Skip to main content
Teatro do Atlántico celebra o seu 35º aniversario enriba das táboas do Salón Teatro compostelán con catro das súas últimas propostas

Teatro do Atlántico celebra o seu 35º aniversario enriba das táboas do Salón Teatro compostelán con catro das súas últimas propostas Teatro do Atlántico celebra o seu 35º aniversario enriba das táboas do Salón Teatro compostelán con catro das súas últimas propostas

A compañía, en activo dende 1985, levará esta semana á sede do Centro Dramático Galego catro dos seus títulos máis recentes La compañía, en activo desde 1985, llevará esta semana a la sede del Centro Dramático Galego cuatro de sus títulos más recientes

A nosa asociada Teatro do Atlántico celebra esta semana en Compostela os seus 35 anos de traxectoria dentro do sector escénico galego. Como parte desta celebración, levará ao escenario do Salón Teatro compostelán catro das súas pezas, en catro pases que terán lugar do 1 ao 4 de outubro.

Teatro do Atlántico

A compañía arrancou a súa traxectoria en 1985 cunha proposta promovida por María Barcala e Xulio Lago que continúa a día de hoxe. Ao longos destes 35 anos levaron aos escenarios máis de 30 producións que teñen xirado principalmente ao longo do noso territorio, mais tamén en moitos teatros do estado e en numerosas cidades de Portugal, Arxentina, Uruguai ou Venezuela.

O seu primeiro espectáculo Xoana abriu paso a moitos outros: Casa de bonecas, de Ibsen; A noite das tríbades de Per Olov Enquist; Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín, de García Lorca; O cerco de Leningrado, de Sanchís Sinisterra, O encoro, de Conor McPherson; A raíña da beleza de Leenane, de Martin McDonagh; Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure ou Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro. 

Ate o de agora, Teatro do Atlántico acadou 69 nominación a 30 premios de Interpretación, Dirección, Escenografía, Iluminación, Tradución ou Mellor Espectáculo e teñen sido parte da programación de festivais nacionais e internacionais como a FIT de Cádiz, FITEI de Porto, FIOT de Carballo, MITEU de Ourense, Latinoamericano de Córdoba (Arxentina), Internacional de Caracas, MIT de Ribadavia, FESTEIXO de Viana do Castelo, Mostra de Cangas, Mostra de Cee ou Muestra "Villa de Madrid", representando sempre en lingua galega. 

A comezos de 2020 quíxose recoñecer tamén dende Escena Galega o labor e traxectoria profesional e artística da compañía, así como o seu traballo pola dignificación do sector escénico profesional galego, co seu recoñecemento como socia de horna.

35º aniversario de Teatro do Atlántico

Para festexar a traxectoria da nosa socia de honra repoñense esta semana no Salón Teatro Helena, xuízo a unha lurpia de Miguel Arco, A conquista da escola de Madhubai, de Hèléne Cixous, Dúas donas que bailan, de Josep María Benet i Jornet e De abrentes e ocasos, recital poético-musical de varios autores. 

As representación terán lugar do 1 ao 4 de outubro no Salón Teatro de Compostela: as primeiras funcións desenvolveranse a partir das 20,30 h., mentres que o recital poético-musical do domingo será ás 18,00 h. A venda anticipada realízase a través de Abanca ou no despacho de billetes do Salón Teatro dúas horas antes do comezo de cada función e ata completar a capacidade marcada en cada momento polas autoridades sanitarias (nestes momentos, 60 persoas para os recintos escénicos pechados de Santiago de Compostela). No caso do recital do domingo, a entrada será unicamente con convite.

 

 

Nuestra asociada Teatro del Atlántico celebra esta semana en Compostela sus 35 años de trayectoria dentro del sector escénico gallego. Como parte de esta celebración, llevará al escenario del Salón Teatro compostelano cuatro de sus piezas, en cuatro pases que tendrán lugar del 1 a 4 de octubre .

Teatro del Atlántico

La compañía arrancó su trayectoria en 1985 con una propuesta promovida por María Barcala y Xulio Lago que continúa a día de hoy. Al largos de estos 35 años llevaron a los escenarios más de 30 producciones que han girado principalmente a lo largo de nuestro territorio, mas también en muchos teatros del estado y en numerosas ciudades de Portugal, Argentina, Uruguay o Venezuela.

Su primer espectáculo Xoana abrió paso a muchos otros: Casa de muñecas, de  Ibsen; La noche de las  tríbades de Per  Olov  Enquist; Amor de don  Perlimplín con  Belisa en el jardín, de García Lorca; El cerco de Leningrado, de  Sanchís  Sinisterra, El embalse, de  Conor  McPherson; La reina de la belleza de  Leenane, de Martin  McDonagh; Una primavera para  Aldara, de Teresa Moure o Memoria de Helena y María, de Roberto Salgueiro. 

Hasta ahora, Teatro del Atlántico ha conseguido 69  nominación a 30 premios de Interpretación, Dirección, Escenografía, Iluminación, Traducción o Mejor Espectáculo y han sido parte de la programación de festivales nacionales e internacionales como a FIT de Cádiz, MIRÉ FIJAMENTE de Puerto, FIOT de Carballo,  MITEU de Ourense, Latinoamericano de Córdoba (Argentina), Internacional de Caracas,  MIT de Ribadavia,  FESTEIXO de Viana del Castelo, Muestra de Cangas, Muestra de Cee o  Muestra "Villa de Madrid", representando siempre en lengua gallega. 

A principios de 2020 se quiso reconocer también desde Escena Gallega la labor y trayectoria #profesional y artística de la compañía, así como su trabajo por la dignificación del sector escénico profesional gallego, con su reconocimiento como socia de  horna.

35º aniversario de Teatro del Atlántico

Para festejar la trayectoria de nuestra socia de honor se reponen esta semana en el Salón Teatro Helena, xuízo a unha  lurpia de Miguel Arco, A conquista de la escuela de  Madhubai, de  Hèléne  Cixous, Dúas donas que bailan, de Josep María  Benet i  Jornet y De abrentes e ocasos, recital poético-musical de varios autores. 

Las representaciones tendrán lugar del 1 a 4 de octubre  en el Salón Teatro de Compostela: las primeras funciones se desarrollarán a partir de las 20,30 h., mientras que el recital poético-musical del domingo será a las 18,00 h. La venta anticipada se realiza a través de Abanca o en la taquilla del Salón Teatro dos horas antes del comienzo de cada función y hasta completar la capacidad marcada en cada momento por las autoridades sanitarias (en estos momentos, 60 personas para los recintos escénicos cerrados de Santiago de Compostela). En el caso del recital del domingo, la entrada será únicamente con invitación.

FaLang translation system by Faboba