Remata oficialmente a 5ª edición de Camino Escena Norte, con máis de 8.300 persoas participantes nas actividades de 2023
O proxecto de intercambio de artes escénicas promovido por Escena Galega xunto a parceiras doutros territorios pecha a súa programación de 2023 con récord de participantes nas súas propostas artísticas, profesionais e formativas
Camiño Escena Norte (CEN), o programa de intercambio cultural no que participan 15 compañías de danza e artes do movemento, teatro e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, alcanzou os 8.330 participantes na súa quinta edición, tanto nas funcións e encontros coas compañías como nos programas profesionais e formativos, un 22% máis que na edición de 2022. O resultado desta quinta edición converte a Camiño Escena Norte nun proxecto único dentro do panorama escénico do estado, con centenares de profesionais implicados nunha coidada programación que chega a públicos de áreas rurais e urbanas.
“O balance é moi positivo”, indica Diego Vazquez Meizoso, coordinador de camiño Escena Norte, para quen “o proxecto se ha afianzado; esta foi a edición máis expansiva, con 130 actividades en case 60 localidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, en cinco semanas de programación”.
Un dos éxitos da quinta edición de camiño Escena Norte é a relación cos públicos. Desde a primeira edición, o programa apostou porque o artístico non quedase limitado ao espazo escénico, e que compañías e espectadores dialogasen e intercambiasen experiencias posfunción. “Por iso este ano reforzamos este aspecto con máis encontros, máis coloquios e máis talleres. E a resposta do público foi moi positiva: encontros cheos e moi participativos; talleres sen prazas libres e un diálogo enriquecedor entre creadores e público.Estamos moi contentos porque vemos que a nosa aposta funciona: os profesionais agradécennolos e o público responde”.
CEN pecha a programación, pero o seu labor continúa a través de escenanorte.com. Na web pódese descargar o Catálogo de Espectáculos Recomendados Camiño Escena Norte, unha ferramenta moi útil para profesionais, que complementa o labor realizado nos cinco territorios nas últimas semanas. Ademais, durante este mes de outubro e novembro continúan as estancias de intercambio Cruces. Convidámosvos a seguir as redes sociais (Facebook e Instagram) para ter máis información sobre as mesmas.
Sobre Camiño Escena Norte
CEN é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria), Eskena (Euskadi) e ESNA (Navarra). Todas elas unidas na supraentidad Camiño Escena Norte Agrupación de Interese Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto, que toma o roteiro histórico dos Camiños de Santiago como referencia para unha intensa programación escénica.
CEN conta co apoio económico de gobernos e institucións das cinco comunidades implicadas: Goberno do Principado de Asturias, Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Goberno de Cantabria; Gobierno Vasco; Deputación Foral de Araba, Deputación Foral de Bizkaia; Deputación Foral de Gipuzkoa; o Gobierno de Navarra, e o Goberno de España a través do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música (INAEM) e o Ministerio de Cultura e Deporte. Colaboran tamén a Deputación provincial da Coruña, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.
Vegalsa-Eroski é patrocinador oficial, e o proxecto contou nesta edición coa colaboración especial da marca lucense Cafés Candeas e da asociación Véxoche de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade.
Esta edición foi posible grazas a un equipo completo de profesional técnico que nos acompañou unha edición máis e a toda e rede de entidades patrocinadoras, colaboradoras e cómplices do proxecto. GRAZAS: Vémonos no 2024!