Escena Galega pecha o seu programa de formación anual co taller "Tips de xestión para produtoras de artes escénicas e introducción á economía social"
A sesión terá lugar o vindeiro martes 26 de setembro en sesión de mañá e tarde no Espazo OFF da Cidade da Cultura e estará impartido por Fernando Piñeiro e Rosa Álvarez
Escena Galega, a Asociación de Empresas de Artes Escénicas de Galicia, pecha a súa proposta formativa do 2023 cunha formación titulada "Tips de xestión para produtoras de artes escénicas e introducción á economía social". A sesión impartirase no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia en horario de 9.30 a 14.30h e de 16.00 a 19.00h.
Las personas encargadas de guiar a sesión serán Fernando Piñeiro y Rosa Álvarez (Espazo Coop)
Contidos
- Xornada de mañá: Tips para a xestión de produtoras de artes escénicas. Imparte: Fernando Piñeiro.
Para tratar de evitar ser absorbidos polo día a día e tomar decisións adecuadas as empresas deben ser capaces de establecer un rumbo a tomar, o que chamamos unha visión, unha misión e uns valores. Deste xeito, as decisións que se toman deben ser acordes a un plan establecido, cun propósito fixado.
A Planificación Estratéxica é aquel proceso polo cal unha empresa determina os seus obxectivos e as accións para acadalos no tempo, tendo en conta as ameazas e oportunidades que lle brinda o seu mercado. Planificar implica establecer un plan de futuro, tanto das actuacións a levar a cabo como do posible impacto que van a ter esas actuacións na súa conta de resultados
- Xornada de tarde: Introdución á economía social. Imparte: Rosa Álvarez Bernárdez.
Que é unha cooperativa? Como funcionan as cooperativas? Pode o noso proxecto desenvolverse no marco da fórmula cooperativa? Que vantaxes ten para o noso proxecto? Cales son os retos e puntos a ter en conta? Como facer para poñer en marcha unha cooperativa? Existen casos de experiencias cooperativas no sector cultural galego? Estas son algunhas das preguntas que motivan esta actividade e sobre as que imos falar na sesión do martes 26 de setembro. As cooperativas ofrecen unha estrutura organizativa que se alinea ben cos valores e desafíos do sector cultural, promovendo colaboración, autonomía, igualdade e sustentabilidade. Poden ser unha resposta eficaz aos problemas cos que se atopan as artistas e traballadoras culturais nun mundo en constante cambio.
_ O cooperativismo e a economía social. Principios e valores.
_ Que é e como funciona unha cooperativa. Tipos de cooperativas.
_ Características das empresas cooperativas.
_ Apoios específicos ao cooperativismo.
Cuestións de interese
Para a actividade non será necesario preparar ningunha cuestión previa, o curso pretende ser de carácter expositivo pero tamén participativo e aberto ás dúbidas e preguntas que xurdan das persoas asistentes.
O horario da formación será de 09.30 a 19.00 h, con pausa para xantar no Restaurante do Museo Gaiás (Cidade da Cultura). As persoas interesadas en asistir ao xantar de grupo deberán indicarlo, o prezo do menú é de 12 €.
A actividade está enfocada a profesionais das artes escénicas, especificamente do perfil de xestión ou que realicen estas labores dentro do seu ámbito de traballo. As compañías asociadas a Escena Galega poderán inscribir ao seu nome a colaboradores/as externos se así o desexan, aínda que non formen parte do núcleo estable da compañía.
Inscrición
- O límite máximo é de 20 prazas, por orde de inscrición. Poderá asistir unha persoa por compañía, agás no caso de que queden prazas libres ao remate do prazo de inscrición.
- A formación é de balde para socias e socios de Escena Galega. Se quedan prazas libres poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 40 €.
- Para inscribirse é necesario enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) ata o luns 25 de setembro ás 10.00 h.
Pode revisarse a información completo aquí.