Teatro ó cubo

A compañía

Teatro ó cubo é unha compañía de artes escénicas formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A súa formación afonda en diversas disciplinas escénicas. Co teatro como eixo común pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes dous artistas conforman unha compañía orixinal e sorprendente na que combinan múltiples disciplinas. Dende 2016 levan producindo pezas teatrais para o público infantil e familiar. José luís Baños de Cos escribe a súa ópera prima O Faiado que Sofía, Roberto e Alfredo Pérez Muiño “Fredi” traducen ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”.


  • Sede

    A Gándara, 18. 15881, Sergude (A Coruña)
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 677809241
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.