Teatro de Ningures

Teatro de Ningures

A compañía

Teatro de Ningures é unha compañía fortemente implicada no seu territorio, asentada nunha comarca densamente poboada, o Morrazo, sempre participou dos proxectos sociais e políticos da súa contorna.

Activa en canto a levar a cabo proxectos educativos (escola de teatro de Cangas, Universidade de Vigo), artísticos (máis de 30 montaxes teatrais), festivais (Mostra de teatro de Cangas, Mostras Universitarias en Vigo e Pontevedra), que dun xeito ou doutro, responden ás necesidades sociais e culturais da veciñanza.

Teatro de Ningures aspira a prestar un servizo á comunidade, desde a cultura e sen darlle as costas ao que acontece ao noso redor, provocando preguntas e conversas que mesmo poden axudar a procurar solucións, ou a favorecer o debate.


  • Sede

    Avda Bueu 14, 36940 Cangas, Pontevedra
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 654464360
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.