Tarabela Creativa é a compañía lucense formada por Carmen Conde (dramaturxia e narración) e Diego Gallego (produción e xestión comercial) en 2019. As súas montaxes escénicas están amparadas por fondos procesos de investigación baseados en recollidas e en consulta de arquivos.
Cunha posta en escena que pretende conectar pasado e presente; onde a imaxe, o ritmo e un texto meticulosamente traballado se comprometen con temáticas sociais que demostran que —se o tempo non é circular— polo menos as narrativas tenden a repetirse. Todo contado a través dunha viaxe pendular entre traxedia e comedia.