A nosa ampla traxectoria na creación de espectáculos de teatro social e de proxectos culturais con impacto social está a consolidarnos como unha proposta escénica de gran valor cultural e educativo dentro e fóra das nosas fronteiras.
Con pezas como HUGO (Premio María Casares 2022 e seleccionada para o ASSITEJ World Congress 2024), logramos trascender fronteiras, realizando centos de funcións en España, Portugal, Cuba ou Arxentina, onde mesmo HUGO foi declarada de especial interese cultural e educativo.
En 2026 cumprimos 25 anos reivindicando o teatro social como ferramenta de cambio. Apostando polas creadoras galegas e por un teatro comprometido coa diversidade. E dando visibilidade ás realidades dos colectivos máis vulnerables ou nas marxes: Ás vítimas do acoso, da violencia, da LGTBIfobia, ás mulleres, identidades trans e persoas neurodiversas, entre outras moitas.
Todas elas tiveron e seguirán a ter en nós un lugar onde deixar de resistir e comezar a existir con dignidade.