En 2008, La Quintana recibe o Premio Max ao espectáculo revelación con Desde lo invisible, co que realiza xira nacional e internacional durante dous anos. En 2010 estrea Innómines (Camiño á felicidade) dirixida por Luis Blat, en 2011 Realidades dirixida por Lidia Palazuelos e en 2012 “El Bolso o la Vida” dirixida por Rolando San Martín. Con máis de 100 representacións, a compañía retoma a súa andaina no 2018 reestreando no 10 º aniversario Desde lo Invisible no Festival Una Mirada Diferente do CDN e facendo temporada no Teatro Pavón Kamikaze. Actualmente acaba de estrear O Premio, coproducida polo Centro Dramático Galego e coa Axuda de Producción do Ayuntamiento de Madrid.
Buscamos un teatro que fale da vida a partir dun proceso de investigación e de creación colectiva. La Quintana Teatro nace da inquietude de pararnos a observar o mundo e plasma no teatro as realidades sociais máis ocultas.