Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións están baseadas na relación do corpo co espazo, cos obxectos e coa música, reflexando unha rigorosa investigación sobre os xestos, os movementos e as imaxes.
Ten a súa sede no Concello de Culleredo (A Coruña) onde é compañía residente desde 2018.