Estrea de "O Presidente" Teatro do Morcego en Narón

Estrea da obra "O Presidente" de Teatro do Morcego, o venres día 18 de setembro ás 20:30 e sábado 19 ás 20:00 horas no Pazo da Cultura de Narón, escrita e dirixida por José Prieto. 

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o PRESIDENTE visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.

 Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do PRESIDENTE:

 Unha familia humilde en situación crítica con seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema, escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o PRESIDENTE disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.

 Conseguirá o PRESIDENTE o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos?.

 Coñecerán o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política: PRESIDENTE.

  • Created on .
  • Hits: 1022
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.