Nota de prensa arredor da concesión da axuda a Enrique Iglesias
ESCENA GALEGA, Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, AFEARTE, Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia, Asociación de Musicos ao Vivo e Plataforma de Artistas de Rúa, queremos manifestar o noso malestar e o noso total rexeite á concesión de 302.500 € por parte da Xunta de Galicia ao cantante Enrique Iglesias para elaboración dun videoclip co que pretende promocionar Galicia no "universo mundo", cantidade concedida coa transparencia do a dedo. Consideramos que a devandita inversión de diñeiro público procedente das arcas da nosa comunidade, é dicir de todos os galegos e galegas, tería sentido se ese representante artístico fose elixido nun concurso público entre artístas do mundo da música afincados en Galicia.
Sentimos, unha vez máis, o menosprezo do actual goberno cara o traballo que realizamos as mulleres e homes da cultura ao longo destes anos en Galicia, e que diariamente intentamos amosar ao noso público cuns paupérrimos apoios por parte da administración. Parécenos unha insolencia que se invirta nun videoclip tal cantidade de diñeiro, sen entrarmos a valorar a calidade ou as derivas machistas da tal composición. En Galicia temos artístas con talento máis que probado para representar o que somos no resto do mundo, sen complexos, e por suposto, cantando en galego. Galicia non é un produto económico, é cultura Galega.
Santiago de Compostela a 12 de febreiro de 2015
Asinado:
- Escena Galega
- Plataforma de Artistas de Rúa
- Musicos ao Vivo
- Afearte
- Created on .
- Hits: 1131