PREMIOS DA CULTURA GALEGA
Onte tivo lugar na Cidade da Cultura a entrega dos Premios da Cultura:
A traxectoria dos premiados, e o seu «desexo de que Galicia estea no mundo», foron resaltados onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na entrega dos Premios da Cultura.
Destacou a experiencia de Neira Vilas na literatura e da Galería Trinta en arte; a actividade de Cándido Pazó na escena galega desde 1975; o traballo do Grupo Marcelo Macías desde 1941; os 25 anos do Centro Pen Galicia; a organización do Festival de Ortigueira desde 1978; o labor da Asociación de Produtoras Independentes; e a difusión da cultura galega por David Mackenzie, quen desde 1994 é o primeiro catedrático de Estudos Galegos no mundo anglófono.
Neira Vilas dixo en nome dos premiados que Galicia merece que sigan traballando. Tamén se solicitou apoio público para o sector, e preservar o seu carácter propio.
- Created on .
- Hits: 1317