Skip to main content
Escena Galega desenvolverá o vindeiro 14 de outubro as súas Xornadas Profesionais 2021

Escena Galega desenvolverá o vindeiro 14 de outubro as súas Xornadas Profesionais 2021 Escena Galega desenvolverá o vindeiro 14 de outubro as súas Xornadas Profesionais 2021

Tras o parón en 2020 por mor da pandemia retoma a actividade, desta volta en colaboración co FIOT Carballo Tras el parón en 2020 por motivo de la pandemia, retoma la actividad, en este ocasión en colaboración con el FIOT Carballo

Neste 2021 ESCENA GALEGA recupera as súas xornadas profesionais despois do parón na actividade habitual da asociación que supuxo a crise da COVID-19, e artellando un marco de colaboración co FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro) de Carballo para volver crear un foro no que compartir coñecementos, crear sinerxias e explorar novas posibilidades para a mellora transversal do sector escénico profesional galego.

Temática das xornadas e eixos de traballo

Cunha sesión de traballo moi completa, as xornadas centraranse este ano nalgúns dos retos que afrontamos dentro da postpandemia, unha crise sanitaria, social, económica e cultural que supuxo o maior e máis rápido cambio nas dinámicas sectoriais e na relación cos públicos das últimas décadas.

Atenderemos por unha banda ao que pasou, repasando desde distintas perspectivas (administracións públicas, compañías), todo o referente ás estratexias implementadas para o mantemento do sector, tentando tirar conclusións e posibilidades das cuestións positivas que poden quedar destas.

En relación cos públicos achegarémonos tamén á necesidade de recuperar, potenciar e artellar, dende un punto de vista aglutinante e de colaboración entre o sector e o eido educativo, novos proxectos de artes escénicas que poñan en relación ás artes escénicas coa escola.

Por vez primeira, ademais, nas nosas xornadas profesionais achegarémonos á actualidade do eido da danza e as artes do movemento e de como (re)activar este tamén dende unha perspectiva global atendendo non só á creación e circulación de espectáculos senón tamén á formación, promoción do talento e posta ao dispor de espazos e recursos para a acción escénica.

As xornadas estarán estruturadas en dous grandes bloques, sendo a actividade en horario de mañá de exposición e debate colectivo e a quenda de tarde de dinámicas de traballo sobre os temas propostos, co obxectivo de chegar en cada caso a unha pequena batería de conclusións.

Pode descargarse o documento coa programación completa, horarios e demáis información de interese aquí.

Inscrición

Para inscribirse nas xornadas será necesario enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. co asunto “Inscrición xornadas profesionais” e indicando nome completo/ teléfono de contacto/relación co sector das artes escénicas ata o mércores 13 de outubro ás 14.00 h.

Estas xornadas contan coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

En este 2021 ESCENA GALEGA recupera sus jornadas profesionales después del parón en la actividad habitual de la asociación que supuso la crisis de la COVID-19, y articulando un marco de colaboración con el FIOT (Festival Internacional de Otoño de Teatro) de Carballo para volver a crear un foro en el que compartir conocimientos, crear sinergias y explorar nuevas posibilidades para la mejora transversal del sector escénico profesional gallego.

Temática de las jornadas y ejes de trabajo

Con una sesión de trabajo muy completa, las jornadas se centrarán este año en algunos de los retos que afrontamos dentro de la postpandemia, una crisis sanitaria, social, económica y cultural que supuso el mayor y más rápido cambio en las dinámicas sectoriales y en la relación con los públicos de las últimas décadas.

Atenderemos por una parte a lo que pasó, repasando desde distintas perspectivas (administraciones públicas, compañías), todo el referente a las estrategias implementadas para el mantenimiento del sector, intentando tirar conclusiones y posibilidades de las cuestiones positivas que pueden quedar de estas.

En relación con los públicos nos acercaremos también a la necesidad de recuperar, potenciar y articular, desde un punto de vista te @aglutínar y de colaboración entre el sector y el campo educativo, nuevos proyectos de artes escénicas que pongan en relación a las artes escénicas con la escuela.

Por vez primera, además, en nuestras jornadas profesionales nos acercaremos a la actualidad del campo de la danza y las artes del movimiento y de cómo ( re)activar este también desde una perspectiva global atendiendo no solo a la creación y circulación de espectáculos sino también a la formación, promoción del talento y puesta a disposición de espacios y recursos para la acción escénica.

Las jornadas estarán estructuradas en dos grandes bloques, siendo la actividad en horario de mañana de exposición y debate colectivo y el turno de tarde de dinámicas de trabajo sobre los temas propuestos, con el objetivo de llegar en cada caso a una pequeña batería de conclusiones.

Puede descargarse el documento con la programación completa, horarios y demás información de interés aquí.

Inscripción

Para inscribirse en las jornadas será necesario enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. con el asunto “Inscripción jornadas profesionales” e indicando nombre completo/ teléfono de contacto/relación con el sector de las artes escénicas hasta el miércoles 13 de octubre a las 14.00 h.

Esta actividad cuenta con la colaboración de la Xunta de Galicia a través de la Agencia Gallega de las Industrias Culturales. 

FaLang translation system by Faboba