
Escena Galega continúa as súas xornadas de formación cun obradoiro de financiamento de proxectos de artes escénicas o 26 de novembro Escena Galega continúa as súas xornadas de formación cun obradoiro de financiamento de proxectos de artes escénicas o 26 de novembro
Eva Moraga será a encargada de dirixir o taller, que terá lugar de xeito telemático o vindeiro 26 de novembro Eva Moraga será la encargada de dirigir el taller, que tendrá lugar telemáticamente el próximo 26 de noviembre
Escena Galega continúa co seu paquete de formación anual co obradoiro "Mapa de axudas e vías de financiamento de proxectos de artes escénicas: máis alá do coñecido", que terá lugar o 26 de novembro de 10h a 19h vía zoom.
A encargada de dar a formación será Eva Moraga, avogada, mediadora e directora de Por & Para, especializada no asesoramento de profesionais e organizacións do ámbito da arte e a cultura. Participou como experta na Subcomisión do Estatuto do Artista do Congreso dos Deputados e ademais elaborou outros dous dos informes presentados polas organizacións do sector á devandita subcomisión. Dende o ano 2002 asesora e forma a profesionais e organizacións da arte e a cultura sobre as súas obrigas profesionais, contratos, dereitos de autor, fiscalidade, formulación, presentación e xestión de proxectos e subvencións, márketing, financiamento, etc. e todos aqueles aspectos relacionados coa súa actividade profesional e o desenvolvemento da súa carreira.
No obradoiro ofrecerase unha panorámica das axudas existentes fóra do ámbito autonómico galego, que poden ser de interese para proxectos de artes escénicas dentro do ámbito cultural e máis aló deste, tanto nacionais como internacionais. Así mesmo, explicarase como analizar creativamente tanto os propios proxectos como o marco de axudas e subvencións e as outras fórmulas de financiamento para que se poida conseguir apoio aos proxectos noutros contextos non tan utilizados ata o de agora polas compañías.
No relativo aos contidos, na primeira parte do obradoiro explicaranse ferramentas e estratexias de análise tanto dos seus proxectos como das axudas e fontes de financiamento existentes, de maneira que tanto agora como no futuro e sexan cales sexan as axudas existentes en cada momento, saiban como atopar outras fontes de financiamento que vaian máis aló das coñecidas no sector das artes escénicas en Galicia, ampliando así as oportunidades. A continuación, as persoas participantes analizarán proxectos actuais ou proxectos que queiran poñer en marcha no futuro segundo estas ferramentas e traballarémolos en común para que se poida experimentar como funciona o modelo e integrar ese coñecemento durante o obradoiro. Na segunda parte abordaremos o mapa de axudas e fontes de financiamento ás que se pode dirixir a atención unha vez aberta a mirada a outras posibilidades.
A formación é de balde para socios/as de Escena Galega. No caso de quedar prazas dispoñibles poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 50 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a
Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Escena Galega continúa con su paquete de formación anual con el taller "Mapa de ayudas y vías de financiación de proyectos de artes escénicas: más allá del conocido", que tendrá lugar el 26 de noviembre de 10h a 19h vía zoom.
La encargada de dar la formación será Eva Moraga, abogada, mediadora y directora de Por & Para, especializada en el asesoramiento de profesionales y organizaciones del ámbito del arte y la cultura. Participó cómo experta en la Subcomisión del Estatuto del Artista del Congreso de los Diputados y además elaboró otros dos de los informes presentados por las organizaciones del sector a la dicha subcomisión. Desde el año 2002 asesora y forma a profesionales y organizaciones del arte y la cultura sobre sus deberes profesionales, contratos, derechos de autor, fiscalidad, planteamiento, presentación y gestión de proyectos y subvenciones, marketing, financiación, etc. y todos aquellos aspectos relacionados con su actividad profesional y el desarrollo de su carrera.
En el taller se ofrecerá una panorámica de las ayudas existentes fuera del ámbito autonómico gallego, que pueden ser de interés para proyectos de artes escénicas dentro del ámbito cultural y más allá de este, tanto nacionales como internacionales. Asimismo, se explicará cómo analizar creativamente tanto los propios proyectos como el marco de ayudas y subvenciones y las otras fórmulas de financiación para que se pueda conseguir apoyo a los proyectos en otros contextos no tan utilizados hasta ahora por las compañías.
En lo relativo a los contenidos, en la primera parte del taller se explicarán herramientas y estrategias de análisis tanto de sus proyectos como de las ayudas y fuentes de financiación existentes, de manera que tanto ahora como en el futuro y sean cuáles sean las ayudas existentes en cada momento, sepan como encontrar otras fuentes de financiación que vayan más allá de las conocidas en el sector de las artes escénicas en Galicia, ampliando así las oportunidades. A continuación, las personas participantes analizarán proyectos actuales o proyectos que quieran poner en marcha en el futuro segundo estas herramientas y los trabajaremos en común para que se pueda experimentar como funciona el modelo e integrar ese conocimiento durante el taller. En la segunda parte abordaremos el mapa de ayudas y fuentes de financiación a las que se puede dirigir la atención una vez abierta la mirada la otras posibilidades.
La formación es gratuita para socios/las de Escena Gallega. En el caso de quedar plazas disponibles podrán asistir personas no asociadas, previo pago de una matrícula de 50 €. Para inscribirse es necesario enviar un correo a
Este paquete formación cuenta con la colaboración de la Xunta de Galicia a través de la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).