
Escena Galega, a casa das escénicas galegas, aglutina dende a pasada Asamblea Xeral a 60 compañías profesionais de Galicia Escena Galega, a casa das escénicas galegas, aglutina dende a pasada Asamblea Xeral a 60 compañías profesionais de Galicia
Tras a adhesión de Compañía Humana e Constance Hurlé a comezos do verán, segue a consolidarse como asociación de referencia en Galicia Tras la adhesión de Compañía Humana y Constance Hurlé a principios de verano, sigue consolidándose como asociación de referencia en Galicia
Escena Galega, a Asociación Galega de Artes Escénicas, continúa sacando músculo, consolidando o seu peso sectorial ao acadar as 60 entidades asociadas.
Creada en marzo de 2002 por iniciativa de 16 compañías de teatro, actualmente a asociación está formada por 60 compañías e empresas produtoras, como resultado dun proceso de confluencia e cohesión iniciado no 2015 para reforzar o posicionamento da asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio, e para impulsar así mesmo o desenvolvemento empresarial de cara á modernización do sector, sen perder a identidade das compañías como motores creativos das artes escénicas galegas.
A día de hoxe ESCENA GALEGA abrangue a unha enorme porcentaxe do sector escénico profesional galego, compoñendo un conxunto de estruturas de produción e creación de moi diversas tipoloxías a nivel profesional, nos eidos do teatro para a infancia e a mocidade, teatro para público adulto, monicreques, danza e artes do movemento e novo circo.
Dende a Xunta Directiva e como entidade sectorial celebramos o consenso das escénicas galegas na conformación desta casa e congratulámonos de poder continuar tan respaldadas as sendas de traballo iniciadas ao longo destes anos.
Grazas por facer parte de Escena Galega, a casa de todas das artes escénicas de Galicia!
Escena Galega, la Asociación Gallega de Artes Escénicas, continúa sacando músculo, consolidando su peso sectorial al alcanzar las 60 entidades asociadas.
Creada en marzo de 2002 por iniciativa de 16 compañías de teatro, actualmente la asociación está formada por 60 compañías y empresas productoras, como resultado de un proceso de confluencia y cohesión iniciado en el 2015 para reforzar el posicionamiento de la asociación como interlocutora con las instituciones y demás agentes del medio, y para impulsar asimismo el desarrollo empresarial de cara a la modernización del sector, sin perder la identidad de las compañías como motores creativos de las artes escénicas gallegas.
A día de hoy ESCENA GALEGA abarca a una enorme porcentaje del sector escénico profesional gallego, componiendo un conjunto de estructuras de producción y creación de muy diversas tipologías a nivel profesional, en los campos del teatro para la infancia y la juventud, teatro para público adulto, títeres, danza y artes del movimiento y nuevo circo.
Desde la Xunta Directiva y como entidad sectorial celebramos el consenso de las escénicas gallegas en la conformación de esta casa y nos congratulamos de poder continuar tan respaldadas las sendas de trabajo iniciadas a lo largo de estos años.
Gracias por hacer parte de Escena Galega, la casa de todas de las artes escénicas de Galicia!