Skip to main content
Aberto o prazo de presentación de espectáculos para a 9ª edición de Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas que coorganizamos coa Axencia Galega das Industrias Culturais

Aberto o prazo de presentación de espectáculos para a 9ª edición de Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas que coorganizamos coa Axencia Galega das Industrias Culturais Aberto o prazo de presentación de espectáculos para a 9ª edición de Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas que coorganizamos coa Axencia Galega das Industrias Culturais

O mercado galego das artes escénicas reunirá a profesionais do sector en Compostela entre o 6 e o 9 de xuño El mercado gallego de las artes escénicas reunirá la profesionales del sector en Compostela entre el 6 y el 9 de junio

Galicia Escena PRO, o mercado galego de artes escénicas promovido por Escena Galega e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, abre ata o 18 de abril o prazo de presentación de  propostas para a súa novena edición, que se celebrará do 6 ao 9 de xuño en Santiago de Compostela cunha vintena de espectáculos producidos en Galicia na carteleira e distintas actividades de promoción das artes escénicas do país entre os axentes culturais que se acrediten no evento.
 
A través da organización compartida entre a nosa entidade e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Galicia Escena PRO 2022 ofrecerá catro días de programación practicamente ininterrompida entre os escenarios do Salón Teatro, o Teatro Principal, o Auditorio Abanca e outras localizacións ao aire libre. Seguirase o modelo inaugurado o pasado ano, no sentido de que só o público profesional poderá acceder aos espazos pechados, e continuarase a impulsar a Zona PRO como epicentro de encontro interprofesional e de negocio.
 
As compañías de teatro, danza, circo ou maxia poden presentar as súas propostas para conformar a escolma de títulos participantes en Galicia Escena PRO, que serán escollidos por unha comisión de profesionais do sector nomeada por Escena Galega e coa finalidade de configurar unha programación variada, equilibrada e de calidade. O rexistro debe realizarse a través dos formularios en liña da web www.galiciaescenapro.gal.
 
A selección resultante combinará a exhibición en formato completo coas presentacións rápidas tipo pitching. Ambas modalidades están abertas á inclusión de espectáculos de produción galega de calquera disciplina escénica, sempre que foran estrados entre o 1 de xuño de 2021 e o 6 de xuño de 2022. Na convocatoria contémplase a posibilidade da acollida de estreas absolutas durante a celebración de  Galicia Escena PRO. Ademais ás tres xornadas de pitching poderán concorrer tamén proxectos pendentes de estrea.   

Galicia Escena PRO, el mercado gallego de artes escénicas promovido por Escena Galega y la Xunta de Galicia a través de la Axencia Galega das Industrias Culturais, abre hasta el 18 de abril el plazo de presentación de propuestas para su novena edición, que se celebrará del 6 a 9 de junio en Santiago de Compostela con una veintena de espectáculos producidos en Galicia en la cartelera y distintas actividades de promoción de las artes escénicas del país entre los agentes culturales que se acrediten en el evento.

A través de la organización compartida entre nuestra entidad y la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) de la Consellería de Cultura, Educación y Universidad, Galicia Escena PRO 2022 ofrecerá cuatro días de programación prácticamente ininterrumpida entre los escenarios del Salón Teatro, el Teatro Principal, el Auditorio Abanca y otras localizaciones al aire libre. Se seguirá el modelo inaugurado el pasado año, en el sentido de que solo el público profesional podrá acceder a los espacios cerrados, y se continuará a impulsar la Zona PRO como epicentro de encuentro interprofesional y de negocio.

Las compañías de teatro, danza, circo o magia pueden presentar sus propuestas para conformar la antología de títulos participantes en Galicia Escena PRO, que serán escogidos por una comisión de profesionales del sector nombrada por Escena Gallega y con la finalidad de configurar una programación variada, equilibrada y de calidad. El registro debe realizarse a través de los formularios en línea de la web www.galiciaescenapro.gal.

La selección resultante combinará la exhibición en formato completo con las presentaciones rápidas tipo pitching. Ambas modalidades están abiertas a la inclusión de espectáculos de producción gallega de cualquier disciplina escénica, siempre que habían sido estrados entre lo 1 de junio de 2021 y el 6 de junio de 2022. En la convocatoria se contempla la posibilidad de la acogida de estrenos absolutos durante la celebración de Galicia Escena PRO. Además a las tres jornadas de pitching podrán concurrir también proyectos pendientes de estreno.

FaLang translation system by Faboba