Escena Galega anuncia nova formación de QLAB os vindeiros 3, 4 e 5 de xuño no Salón Teatro de Compostela
La propuesta, de 18 horas de duración, estará conducidas por Efrén Bellostes (Global Audio Solutions) y busca que las personas participantes entiendan la configuración y programación de eventos multimedia utilizando QLAB 5
Escena Galega volta a ofertar formación ás súas compañías asociadas, desta volta coa proposta Deseño, programación escénica, audiovisual e conectividade QLAB 4/5. A proposta redunda sobre o coñecemento de Qlab, unha ferramenta creada para a programación audiovisual e de iluminación no traballo escénico, permitindo sincronizar todos os elementos sonoros, de imaxe e de iluminación du espectáculo sen saír da contorna Qlab. A formación ofrecese de cara á visión de alumnado que descoñeza a ferramenta, de maneira que está aberta tanto a persoas non iniciadas como iniciadas que queiran reforzar a súa xestión do programa. O docente encargado de conducir a proposta será Efrén Bellostes, de Global Audio Solutions, e a formación realizarase os vindeiros 3, 4 e 5 de xuño en horario de 9:00 a 15:00h nas instalacións do Salón Teatro compostelán.
Temario
AS LUCES EN QLAB
- Configuración de preferencias, DMX, AR-NET e patch.
- Creación de fixtures / definitions.
- Dashboard, uso e mapeado midi.
- Lighting cue: programación e exemplos prácticos con simulador.
- App para Ipad, conexión e utilidades específicas de luces.
- Uso de Qlab con simuladores (Capture)
- Exercicios de programación completa de secuencia de iluminación.
CONTROL E NETWORK EN QLAB
- MIDI cue: Breve explicación do código midi, tipos de mensaxes, utilidades.
- Configuración de preferencias, triggers e hotkeys.
- Exemplos e exercicios prácticos de control de equipos.
- Timecode: programación e usos. Exemplos prácticos.
- Network cue: Breve explicación dos códigos de programación, OSC.
- Configuración de preferencias, conexión vía IP e pascode.
- Utilidades OSC, con exemplos e exercicios prácticos.
- Demostración e exercicios de control entre equipos informáticos.
- Iniciación a Apple script, exemplo de uso.
O VÍDEO EN QLAB 5
- Configuración de preferencias, creación de pantallas, cámara routing e entradas soportadas.
- Configuración de vídeo en QLAB 5.
- Vídeo cue: programación e usos.
- Fade cue: tipos de fade de vídeo, exemplos prácticos.
- Efectos de vídeo en qlab.
- Text cue: programación e exemplos prácticos.
- Camera cue: programación e exercicios prácticos.
- Exercicios de programación completa de secuencia de vídeo.
- Construción entre todo o alumnado dun proxecto completo, como repaso do aprendido durante o curso.
- Solución de problemas habituais ou concretos no directo.
Necesidades do alumnado
As persoas inscritas deberán contar cun ordenador Macintosh con sistema operativo mínimo 10.11 O Capitán, auriculares para funcionar co seu sistema e un lapis de memoria.
A actividade está enfocada a profesionais das artes escénicas, tanto de perfil técnico como artístico ou de xestión, mais trátase dunha formación que require de coñecementos técnicos previos. As compañías asociadas a Escena Galega poderán inscribir ao seu nome a colaboradores/as de perfil técnico se así o desexan, aínda que non formen parte do núcleo estable da compañía.
Inscrición
O límite máximo é de 15 prazas, por orde de inscrición.
A formación é de balde para entidades socias de Escena Galega. No caso de ficar prazas libres, poderán asistir persoas non asociadas, previo pago dunha matrícula de 90 €. Para inscribirse é necesario enviar un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. co título da formación no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) ata o xoves 30 de maio ás 23.59 h.
Pode revisarse o dossier da formación íntegro aquí.
Este paquete formación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Centro Dramático Galego-Salón Teatro.