Teatro de Ningures Teatro de Ningures

Fundación 1986

Despois de trinta anos de teatro profesional, Teatro de Ningures (fundada en 1986) reúne unha serie de recursos técnicos, humanos e materiais que fan desta empresa unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro indispensable para profesionais e creadores así como unha referencia no panorama teatral.

Teatro de Ningures conta cun elenco estable formado polos catro socios fundadores, ademais de actores, actrices e colaboradores que de forma ininterrumpida traballaron nos últimos anos en varias producións dun amplo repertorio composto neste momento polos espectáculos: O Ogrocho, Unhas Poucas Picadelas e Pegadas.

O noso obxectivo principal é a posta en escena de autores tanto clásicos como contemporáneos, tratando de tocar temáticas de actualidade e ser un espazo aberto de debate e reflexión dos problemas que afectan tanto aos individuos como á sociedade na que vivimos.

Teatro de Ningures está presente no mundo da docencia e pedagoxía teatral a través da Escola Municipal de Teatro de Cangas e de numerosos cursos de formación realizados en colaboración coa Universidade de Vigo. Participa como coorganizador na Mostra Internacional de Teatro cómico e Festivo de Cangas (33 edicións) e na Mostra de Teatro Universitaria de Vigo, MITEU (18 edicións).

Destaques

  • 1995    Premio Xiria ao Labor Teatral da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
  • 2009    Premio Roberto Vidal Bolaño pola Traxectoria Artística, Concello de Gondomar.
  • 2009    Premio Fetega do Xurado na XX Edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño.
  • 2012    Premio Fetega do Público na XXIII Edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño
  • 2012    Premio Xohan de Cangas das Artes Escénicas e Audiovisuais, Concello De Cangas.
  • 2007    Premio Max das Artes Escénicas e Musicais na Categoría de Mellor Texto Teatral en Galego con "Emigrados" de Xosé Manuel Pazos, Candido Pazó, Anxos Sumai, Sonia Torre e Suso De Toro.
  • 2004    Premio Max Das Artes Escénicas e Musicais Na Categoría de Mellor Texto Teatral En Galego con "Círculo" de Suso de Toro e Finalista Premio Max ao Mellor Espectáculo Revelación.

Teatro de Ningures

Sede

  • Apdo. 117, 36.940, Cangas, Pontevedra.

Teléfono

  • 654464360

E-mail

  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos