Tanxarina Títeres Tanxarina Títeres

Fundación 1983

A compañía Tanxarina Monicreques foi fundada no ano 1983 por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fío do Institut do Teatre de Barcelona e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil. Desde entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego tanto dentro como fóra de Galicia.

Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar, onde se combinan diversas técnicas de animación de bonecos co traballo actoral dos propios manipuladores.

Marionetas de fíos, monicreques de luva, de varillas, sombras chinesas, bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidade. Esa relación escénica entre monicreques e actores vén sendo unha dos acenos de identidade da compañía desde os seus primeiros espectáculos.

Destaques

  • A compañía recibiu o Premio Xeración Nós, o Premio Xiria e o Premio María Casares, entre outros galardóns.
Tanxarina Títeres

Sede

  • Rúa Eidos 51, 36800 Redondela, Pontevedra

Teléfono

  • 986402966

E-mail

  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos