Talía Teatro

A compañía

Talía teatro, compañía de teatro con máis de 30 anos en escena, aglutina a un equipo de profesionais das artes escénicas que baixo a dirección de Artur Trillo forman un equipo no que existe unha sintonía na forma de entender o feito teatral. Un equipo dinámico, activo e con ganas de seguir medrando e enfrontarse con paixón a novos retos e experiencias. 

Aborda proxectos que van más alá do puro entretemento: textos sólidos que falan da condición humana e provocan reflexión, sen por isto esquecer o que leva ao espectador ao teatro: unha experiencia estética en vivo única e irrepetible. 

Ademais Talía pon o seu equipo e experiencia artística ao servizo de eventos e programacións culturais: mostras teatrais, escolas de teatro, programacións,...


  • Sede

    Vía Marconi 2A, Polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 981943242
  • 630877153
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.