Ibuprofeno Teatro Ibuprofeno Teatro

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre fundamos en 2010 Ibuprofeno Teatro para sacar adiante proxectos de xeito independente. Despois de catro espectáculos de pequeno formato ('A filla de Woody Allen', 'Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios', 'Fitness' e 'O Furancho'), en 2016 demos o salto asumindo producións de maior envergadura con ‘Raclette’ (Premio Teatro Autor Exprés e Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais), que foi finalista á mellor autoría e dirección nos Premios Max.

Coa nosa última produción, ‘Casa O’Rei’, continuamos na procura dunha linguaxe persoal para falar dos temas clave que afectan ao ser humano contemporáneo. Perseguimos o rigor na dramaturxia e integramos a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Os nosos personaxes buscan a súa identidade nun contexto global e complexo que non poden controlar. O absurdo e un humor acedo e sarcástico son os nosos lugares comúns.

Participamos en mostras e festivais como a de Autores Contemporáneos de Alicante, Feira de Ciudad Rodrigo, Umore Azoka de Leioa, Festival de MIM de Sueca, Certame de Teatro Garnacha de Haro, etc. Ademais da produción de obras teatrais organizamos actividades de promoción cultural e impartimos obradoiros de creación escénica, clown e escrita dramática.

Destaques

  • Finalista Mellor Autoría e Mellor Dirección de escena XX Premios Max
  • Mellor Espectáculo de Sala XIX Feria de Teatro Castilla y León – Ciudad Rodrigo
  • Mención Especial do Xurado XIX Certame de Teatro Garnacha de Haro
  • Premio Coiro de Pita da Sala Ingrávida ao Mellor Espectáculo da Tempada 2015-2016
  • Premio María Casares Mellor Vestiario 2016
  • Premio María Casares Mellor Actriz e Mellor Autor 2013
  • Finalista Premios Max 2011 Mellor Autor Galego
  • Premio FETEGA 2016 Mellor Espectáculo e Mellor Actriz 
Ibuprofeno Teatro

Teléfono

  • 609 761 840
  • 696 730 037

E-mail

  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos