Olivas negras

A compañía

A Compañía Olivas Negras nace coa inquedanza de formar parte do panorama teatral galego dun xeito divertido e distendido. Por iso, unha das premisas das que parte este espectáculo e outros que están por vir, é facer rir e entreter; algo no que as dúas actrices (tamén productoras, distribuidoras e fundadoras da compañía) acumulan unha grande experiencia. Queremos que o público veña ao teatro a disfrutar, socializar e rir mentres desconecta das súas rutinas.

Por outra banda, concebimos o teatro como un producto artístico por dentro e por fóra. Por iso, debaixo da comedia, da purpurina, das lentexoulas, da música e das luces hai unha fondura chea de reflexións que converte o espectáculo teatral en ferramenta de autoanálise. Un espello onde o público poida mirarse e cuestionarse a si mesmo. Deste xeito, cada quen elabora o seu propio pensamento sobre o que acontece no escenario sen que haxa pola nosa parte ningunha intención de adoutrinamento.


  • Sede

    Baixada Salgueira, 99, 13204, Vigo (Pontevedra)
  • Correo-e

    Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfonos
  • 699066626
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.