Chévere

A compañía

Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 30 anos de traballo ao lombo. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.

En 1992 creou a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa, ocupándose da dirección artística ata 2011.

Desde 2005 diversificou o seu teatro de operacións, participando en proxectos audiovisuais, executando innovadores proxectos de creación en internet, investigando na ficción sonora  e convertendo o teatro nunha útil ferramenta de divulgación e sensibilización. Entre 2012 e 2019 desenvolve un proxecto de residencia teatral no Concello de Teo (A Coruña), completando as súas creacións cun programa de integración na comunidade.

En 2015 pon en marcha a Berberecheira, unha iniciativa de custodia do territorio teatral e un laboratorio de creación escénica para sementar novos proxectos.


  • Sede

    Rúa da Queimada 44, baixo, 15703 Santiago de Compostela
  • Correo-e

    Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfonos
  • 628 474 557
  • 660 960 916
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.