Lucecús Teatro, compañía formada por Isa Herrero e Anxo Manoel, nace da confluencia de varios proxectos artísticos. É unha aposta pola dramaturxia propia enfocada cara todas e todos, xa que o seu repertorio abrangue obras para todos os públicos. Traballan diferentes formatos e estilos cunha voz propia e diferente regada por unha alta dose de humor na maioría das súas propostas.