Licenciada Sotelo

A compañía

Licenciada Sotelo aparece no 2010.

Co corpo e o movemento como centro, camiña na procura dunha linguaxe escénica ecléctica e multidisciplinar.

Nuria Sotelo e Cris Vilariño son o núcleo da compañía e realízanse colaboracións asiduas con outras artistas do territorio, como a dramaturga Ana Vallés, a cellista Macarena Montesinos a cantante Mouncoup ou as bailarinas Rut Balbís ou Clara Ferrao.

As oito pezas producidas pola compañía teñen participado en Redes de Teatros Autonónicos, Nacionais e Festivais Nacionais e Internacionais de Teatro, Danza e Artes Performativas.

A obra "Ensaio amor" foi premiada na 30 edición do Certame Coreográfico de Madrid


  • Sede

  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.