Nada no ano 2009 da man de Marta Pérez, INVERSA Teatro aposta por un teatro contemporáneo e de experimentación onde poder levar a cabo textos de dramaturgos e dramaturgas galeg@s contemporáne@s.
Un dos pontos clave para INVERSA Teatro é a súa intención feminista e aposta filosófica. Non é casual que todas as súas obras cuestionen o papel da muller na sociedade; así como un discurso críticos coas estructuras sociais e políticas do sistema.
INVERSA Teatro ten viaxado e asistido a diferentes Festivais tanto nacionais como internacionais por Brasil, Colombia, México, Venezuela, EEUU e Portugal.