• Inicio
  • Actualidade
  • Novas
  • O sector das artes escénicas e musicais únese para reclamar un paquete de medidas extraordinarias que permitan afrontar as consecuencias da crise provocada polo COVID-19

O sector das artes escénicas e musicais únese para reclamar un paquete de medidas extraordinarias que permitan afrontar as consecuencias da crise provocada polo COVID-19

O sector das artes escénicas e musicais únese para reclamar un paquete de medidas extraordinarias que permitan afrontar as consecuencias da crise provocada polo COVID-19

Escena Galega, a través da Federación Estatal de Asociacións de Empresas de Teatro e Danza (FAETEDA) vén de publicar un documento conxunto elaborado polo sector con 52 medidas extraordinarias para afrontar as consecuencias da crise sanitaria no sector das artes escénicas e a música.

Nun estado de emerxencia cultural, o sector das artes escénicas e da música diríxese conxuntamente e cunha soa voz para requirir unha actuación inmediata e coordinada de todas as Administracións.

As asociacións profesionais que integran o sector escénico e musical de España subscriben un documento no que demandan un “plan de choque” con fondos suficientes para afrontar os efectos derivados da crise sanitaria provocada polo  COVID-19.

Aínda que se presentaron medidas económicas audaces e extraordinarias, estas non son suficientemente específicas para un sector que se caracteriza pola súa estacionalidade e  intermitencia. A situación actual esixe unha acción conxunta de todas as administracións. «É imperativo que os principios de coordinación, cooperación e colaboración interadministrativa sexan unha realidade para afrontar con solvencia esta crise», sinalan.

O sector deberá facer fronte á suspensión, no período comprendido entre marzo e maio 2020, dunhas 30.000 funcións, o que supoñerá unhas perdas superiores aos 130 millóns de euros, que poderían incrementarse de forma significativa nos próximos meses. Por esta razón, as asociacións asinantes han elaborado un conxunto de 52 medidas que inclúe un amplo programa de accións. Ademais da execución total do orzamento de gasto consignado en artes escénicas e musicais para o presente exercicio, reclaman a protección do tecido empresarial artístico e creativo e outras accións en materia laboral que teñan en conta a realidade dun ámbito estratéxico para o Estado. Así mesmo, solicitan que se incentiven campañas de consumo cultural unha vez superada á crise.

Pode revisarse o documento aquí.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos