ESCENA GALEGA PRESENTE EN FIRA TÀRREGA
ESCENA GALEGA PRESENTE EN FIRA TÀRREGA

Escena Galega ven de participar en Fira Tàrrega, unha das feiras de teatro máis importantes de todo o estado, ademais de mercado internacional das artes escénicas.
A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas estivo presente na Fira con stand propio no espazo profesional, a Llotja, e unha ampla axenda de actividades que incluíu unha presentación oficial o sábado 9, xuntanzas bilaterais con institucións, festivais, compañías e outras asociacións (Merkatua de Navarra, Andalucía Sale, ILLENC, Gobierno de Canarias, Euskal Teatroa-Eusko Jaurlaritza, CulturArts da Comunidade de Valencia, Fira de Manresa...) ou unha degustación de produtos galegos-networking.
A asistencia a Fira Tárrega foi posible en virtude do convenio que Escena Galega ten asinado coa AGADIC.