Escena Galega oferta un novo programa de formación en MS Access para asociadas

O programa, centrando no uso de MS Access, terá tamén a matrícula aberta para non asociadas

Escena Galega oferta un novo programa de formación en MS Access para asociadas

Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, oferta un novo curso de formación para asociadas -desta volta en MS Access- cuxa matrícula estará tamén aberta para non asociadas no caso de que queden prazas dispoñibles. 

Tendo en conta as circunstancias derivadas da crise sanitaria, a formación desenvolverase dun xeito non presencial e empregaremos ferramentas telemáticas para que o desenvolvemento do curso sexa en liña.

 

Access é un sistema de xestión de bases de datos incluída no paquete de Microsoft Office que constitúe unha ferramenta moi útil para compilar e organizar información.

 

A duración do curso é de 20 horas e comezará a súa impartición o vindeiro luns 15 de xuño con sesións luns, mércores e xoves de 10,00 a 13,00h ata o 29 de xuño. A inscrición e matrícula farase a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto “Formación Access”, indicando o nome e apelidos, nome da compañía asociada -de ser o caso- e un teléfono de contacto. Está aberta ata 11 de xuño ás 10,00h.

 

Activamos así -como vén sendo habitual dende a Asociación- o programa de formación anual para asociadas, adaptándonos neste caso ás circunstancias e mudando o seu formato cara o online.

 

Pode revisarse toda a información aquí.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos