Arrinca a programación do 1º semestre de 2020 na Rede Galega de Teatros e Auditorios

Cinco compañías asociadas -Ibuprofeno Teatro, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Elefante Elegante e Redrum Teatro- presentarán nesta tempada as súas novas propostas

Arrinca a programación do 1º semestre de 2020 na Rede Galega de Teatros e Auditorios

 

O nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios vén cargada de espectáculos de teatro, danza, monicreques e novo circo. Nos vindeiros seis meses, os 45 espazos escénicos que compoñen a RGTA programarán 328 actuacións e 18 estreas.

Co comezo do ano, a Rede retoma a súa carteleira nas 40 localidades galegas nas que ten presenza, incluída na nova incorporación en Tomiño, o Auditorio Golán. 

No relativo ás estreas, dende Escena Galega queremos destacar O mel non caduca, da nosa asociada Ibuprofeno Teatro, que chegará por vez primeira ás táboas do Teatro Principal de Santiago o vindeiro 31 de xaneiro, As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste -que fará tamén o propio o 15 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía-, A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico -estrearase o 28 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón-, Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, -o 20 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña- e O mozo da última fila, de Redrum Teatro -que chegará ao Principal de Compostela o 16 de abril-.

O orzamento do circuito para este primeiro periodo de programación anual é de 1 millón de euros.

Pódese revisar a carteleira da rede nas redes sociais de Escena Galega cada mércores.

 

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos