Escena Galega na Mostra internacional de teatro cómico e festivo de Cangas

Escena Galega na Mostra internacional de teatro cómico e festivo de Cangas

Escena Galega na Mostra internacional de teatro cómico e festivo de Cangas

ENCONTRO E DIÁLOGO D@S AXENTES TEATRAIS: A EXHIBICIÓN TEATRAL EN GALICIA

  • Procedencia:Galiza
  • Tipo:Charlas e coloquios
  • Duración:3 h 30 min

 

Este encontro busca establecer canles de comunicación entre as entidades e persoas implicadas profesionalmente no proceso de exhibición teatral, co obxectivo de potenciar e estimular o achegamento entre as partes; dando continuidade ás Mesas de traballo realizadas en Pontevedra no CULTURGAL 2016.

Participan: 

  • Luciano Fernández. Responsable do Pazo de Cultura de Narón.
  • Pilar López. Técnica de Cultura do Concello de Foz.
  • Julio Perugorría. Produtor e Distribuidor.
  • Belén Pichel. Produtora. Presidenta de Escena Galega
  • Juan José Pérez. Director do Auditorio Municipal de Cangas.
  • Mabel Rivera. Actriz. Vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Observatorio de igualdade das artes escénicas e audiovisuais de Galicia

Observatorio de igualdade das artes escénicas e audiovisuais de Galicia

O Observatorio de Igualdade  das Artes Escénicas e Audiovisual de Galicia constitúese como unha ferramenta para intentar salvar a fenda laboral que sofren as mulleres nestes sectores.

A súa función non só será analizar e avaliar a situación sociolaboral das profesionais destes ámbitos senón formular propostas concretas que propicien a igualdade real dirixidas a entidades públicas e privadas.

O Observatorio queda constituido por dez asociación que representan ao conxunto das actividades das artes escénicas e do auvisual de Galicia.

Escena Galega en Mercartes

Escena Galega en Mercartes

Escena Galega estivo  en Mercartes España. Durante os días 9, 10 e 11 de novembro o stand da AGADIC foi un espazo colectivo para o traballo en 'networking' onde estiveron presentes 16 compañías galegas.

www.mercartes.es

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos