ESCENA GALEGA na Feira de Teatro de Castela e León-Ciudad Rodrigo.

ESCENA GALEGA na Feira de Teatro de Castela e León-Ciudad Rodrigo.

Escena Galega estivo presente nunha das feiras de teatro referentes no noso contexto, arropupando a presenza galega na mesma (todas compañías asociadas): Baobab Teatro presentou como estrea en castelán o seu espectáculo "¡Pum, pum!", Pista Catro // Traspediante o seu espectáculo de danza-circo "Up 2 down" e Santiago Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro, recolleu o Premio Especial do Público 2016 por "Raclette".

Alén disto, a asociación mantivo xuntanzas con programadores/as e representantes de institucións culturais e circuítos de distribución de Castela e León, Extremadura, Andalucía, País Vasco e Cataluña, así como como co FITEI do Porto.

Distribuíronse en total 60 catálogos da asociación no Palacio de Montarco, sede dos vermús teatrais e cafés-tertulia, os espazos networking e mercado desta feira.

A asistencia de Escena Galega foi posible en virtude do convenio que a asociación ten asinado coa AGADIC.

ASAMBLEA XERAL DE ESCENA GALEGA

ASAMBLEA XERAL DE ESCENA GALEGA

As compañías asociadas a Escena GAlega reuníronse o pasado 22 de febreiro no centro sociocultural de Oleiros na primeira asamblea xeral deste 2017. Tamén acudiron varios programadores e público da zona cós que se mantio un coloquio e se intercambiaron impresións en realción a programacións, espectáculos e público. 

FAETEDA: PROGRAMA CHIVATOS

 FAETEDA: PROGRAMA CHIVATOS

Escena Galega, organizou o pasado 28 de marzo unha sesión formativa sobre o programa CHIVATOS para programadores e compañías asociadas. A sesión tivo lugar no Consello da Cultura Galega,  impartida por membros de FAETEDA.

ESCENA GALEGA PRESENTE NO FITEI DO PORTO.

A ASOCIACIÓN PARTICIPOU NUN DEBATE SOBRE TEATRO GALEGO E MANTIVO XUNTANZAS PROFESIONAIS CON AXENTES DO SECTOR.

ESCENA GALEGA PRESENTE NO FITEI DO PORTO.

Escena Galega estivo no Porto os pasados días 21 e 22 de xuño convidados dentro da programación do FITEI - Festival Internacional de Teatro de Expressao Ibérica, para tomar parte dun debate sobre teatro galego no que estiveron presentes o xerente da asociación Diego V. Meizoso, o director da MIT de Ribadavia Roberto Pascual e Manuel Xestoso da Erregueté, que presentou no festival o último número da revista.

Durante a estancia na cidade mantivéronse xuntanzas profesionais con programadores doutros festivais e feiras presentes no FITEI como Pep Plá, director do Festival TNT de Terrassa ou Norka Chiapusso, director de DFeria en Donosti.

Alén disto xestionamos tamén dúas xuntanzas con Tiago Guedes e Nuno Carinhas, directores artísticos respectivamente do Teatro Municipal do Porto - Rivoli e Campo Alegre e do Teatro Nacional São João (TNSJ), onde presentamos o traballo das nosas compañías asociadas a través do catálogo 2018 de Escena Galega e fixemos o convite oficial para que ambas institucións tomen parte nun 2º encontro de traballo sobre circulación escénica transfronteiriza, despois do primeiro celebrado no pasado Culturgal, e que terá lugar en Viana do Castelo grazas ao convite realizado pola súa Câmara Municipal e o Teatro do Noroeste - Centro Dramático de Viana.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos