Ábrese o prazo para a inscrición de espectáculos en Camiño Escena Norte

A primeira edición deste ambicioso programa celebrarase en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, entre o 19 de setembro e o 13 de outubro de 2019

Ábrese o prazo para a inscrición de espectáculos en Camiño Escena Norte

Ábrese o prazo para a inscrición de espectáculos no Itinerario Constelacións, eixo vertebrador do programa da primeira edición do proxecto Camiño Escena Norte, que promoven as asociacións profesionais Escena Galega (Galicia), EscenaAsturias (Principado de Asturias), Acepace (Cantabria) e Eskena (País Vasco) e que se celebrará nas catro comunidades autónomas, entre o 19 de setembro e o 13 de outubro de 2019.

As persoas e entidades que queiran inscribir o seu espectáculo poden facelo, antes do venres 3 de maio ás 20.00 h., nesta ligazón.

Galicia Escena PRO anuncia a selección de espectáculos tanto en formato completo como en formato pitching

Esta edición, que se celebrará en Compostela do 10 ao 13 de xuño, será a primeira coorganizada por Escena Galega e a Agadic

Galicia Escena PRO anuncia a selección de espectáculos tanto en formato completo como en formato pitching

A comisión conformada por Marta Núñez (Adulto), Begoña Llamosas (Infantil / Familiar), Raquel Hernández (Novas linguaxes) e Juan Rodríguez (en representación de Escena Galega) vén de anunciar a selección de espectáculos que participarán en Galicia Escena PRO 2019, tanto en formato completo como en formato pitching. Son as seguintes:

ESCENA GALEGA COORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ COA AGADIC GALICIA ESCENA PRO

Será a primeira vez na que a asociación estea presenta na organización do mercado galego das artes escénicas.

ESCENA GALEGA COORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ COA AGADIC GALICIA ESCENA PRO

Escena Galega considera de interese prioritario para o sector das artes escénicas profesionais en Galicia o mercado Galicia Escena PRO, por iso neste 2019 entra por vez primeira nun proceso compartido de traballo para a coorganización do evento en colaboración coa AGADIC.

Galicia Escena PRO terá lugar en diversos escenarios de Santiago de Compostela, e na actualidade Escena Galega traballa en ideas e propostas para a mellora da área profesional desta feira, nunha proposta de dirección artística compartida por un grupo de profesionais de recoñecido prestixio no sector, así como en diversas ideas para a implementación das necesidades de produción.

INTENSA TEMPADA DE ESTREAS PARA AS COMPAÑÍAS ASOCIADAS A ESCENA GALEGA.

Nos vindeiros días 4 compañías abrirán o pano das súa novas producións.

INTENSA TEMPADA DE ESTREAS PARA AS COMPAÑÍAS ASOCIADAS A ESCENA GALEGA.

En apenas unha semana abrirán o pano 4 novas producións das nosas compañías asociadas, que veñen sumarse ás estreas no pasado mes de xaneiro de VOADORA con "Hemos venido a darlo todo" e Malasombra Producións e a súa "Bernarda".

Este venres 22 e sábado 23 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón Talía Teatro estrea o espectáculo "Vida de cans", con texto e dirección de Cándido Pazó e cos actores Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo no reparto.

Producións Teatrais Excéntricas estará o vindeiro mércores 27 con "Carpe Diem" no Teatro Principal de Santiago. Sobre un texto do brasileiro Rubem Fonseca, a peza parte dunha anécdota moi cinematográfica: "unha muller e un home coñécense nunha previsible festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta."

O xoves 28 será a quenda de Contraproducións con  "A compañeira de piso", de Jen Silverman, unha coprodución co Centro Dramático Galego con Belén Pichel e Cándido Pazó na dirección e as actrices Rebeca Montero e Patricia Vázquez no reparto.

E para rematar a semana PistaCatro e o Colectivo Verticalia levarán ás táboas do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña o venres 1 de marzo a peza "Alma (non é hippie)", coas creadoras Paula Quintas, Marta Alonso, Raquel Oitavén e Mercè Solé.

FORMACIÓN EN DESEÑO GRÁFICO E EDICIÓN DE AUDIO/VÍDEO PARA AS NOSAS COMPAÑÍAS.

Iñaki Quenerapú impartiu a última acción formativa do ano no programa de Escena Galega.

FORMACIÓN EN DESEÑO GRÁFICO E EDICIÓN DE AUDIO/VÍDEO PARA AS NOSAS COMPAÑÍAS.

O último curso de formación do 2018 dentro do programa formativo de Escena Galega para as súas compañías asociadas consistiu nun obradoiro exprés de deseño de material gráfico e edición de audio e vídeo, enfocado ao traballo e necesidades das empresas de artes escénicas a nivel de comunicación e distribución das súas producións.

A actividade foi impartida polo docente Iñaki Quenerapú e contou con 8 horas de formación intensiva e un xantar de traballo compartido entre docente e alumnado.

Este obradoiro ven de completar as accións formativas deste ano, sendo as dúas anteriores un taller de distribución de produtos escénicos impartido por Nines Carrascal, comisaria de Mercartes, e outro de produción impartido por Toni Tarrida, xefe de produción de Mercat de les Flors.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos