ENCONTRO ABERTO CON ESCENA GALEGA NA MIT DE RIBADAVIA.

Cinco compañías asociadas participaron neste foro aberto con medios de comunicación e outros axentes escénicos.

ENCONTRO ABERTO CON ESCENA GALEGA NA MIT DE RIBADAVIA.

Na derradeira xornada da 34ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Escena Galega tomou parte dun encontro aberto entre as súas compañías e diversos axentes convidados dende a dirección da MIT.

Participaron da actividade Ibuprofeno Teatro, Contraproducións, Tanxarina Títeres, Urdime e Teatro do Noroeste, presentando as liñas de traballo e filosofía de cada compañía así como os espectáculos e proxectos presentes e futuros.

Estiveron presentes, entre outros axentes, Raúl Losánez, do suplemento cultural do xornal La Razón, Daniel Galindo do programa "La Sala" de RNE, Vanesa Sotelo e Manuel Xestoso da Erregueté e Fabrice Corrons, da Universidade de Toulouse.

No debate posterior falouse, entre outras cousas, da internacionalización das artes escénicas galegas, das posibilidades de coprodución e traballo con outros territorios, da necesidade de documentar todo o patrimonio material e inmaterial que supón a traxectoria do teatro profesional galego e das principais liñas de traballo da nosa asociación.

CURSO DE DISTRIBUCIÓN IMPARTIDO POR NINES CARRASCAL.

Escena Galega organizó esta jornada formativa para sus compañías asociadas.

CURSO DE DISTRIBUCIÓN IMPARTIDO POR NINES CARRASCAL.

Nines Carrascal é unha das produtoras e distribuidoras de artes escénicas máis recoñecidas do Estado. Licenciada en Historia Contemporánea e Máster en Xestión Cultural, Música, Teatro e  Danza (ICCMU), a súa traxectoria profesional comeza no ano 1995 no ámbito da produción e distribución de artes escénicas coa compañía Histrión Teatro, coa que leva producidos máis de 20 espectáculos.

 

Anos despois crea Escena Granada Distribución e traballa con compañías como a Companhia do ChapitôTeatro del Velador, Producciones Imperdibles, Johan Lorbeer ou El Gran Dimitri. Como docente imparte numerosos talleres de distribución e participa como ponente en foros e encontros do sector. Dirixiu diversos estudos de investigación e actualmente é a comisaria de  MERCARTES 2018.

 

Escena Galega organizou a primeira xornada formativa do ano para as súas compañías asociadas o pasado venres 15 de xuño, na biblioteca do Consello da Cultura Galega. O curso tiña como obxectivos principais aprender a definir e estruturar un plan de distribución e entrenar técnicas e estratexias encamiñadas á venda.

 

O programa contou cos seguintes puntos:

 

1.- Planificación estratéxica da distribución. Cando comezamos a vender?

2.- Que vendemos? Como o vendemos? Aprender a construír un relato. 

3.- O prezo final e o prezo de custe.

4.- Estruturación do mercado: circuítos/redes, feiras, festivais...

5.- O cliente: quen é quen.

 

6.- Materiais de distribución.

 

A formación, baseada nunha mistura de teoría e supostos prácticos, incidiu nas estratexias de venda e distribución máis acaídas á realidade dun sector como o galego, traballouse cun modelo de elaboración dun caché con gastos fixos e variables e na presentación breve e concisa, en formato elevator pitch, dalgúns dos proxectos das compañías inscritas.

13 COMPAÑÍAS DE ESCENA GALEGA PRESENTES EN GALICIA ESCENA PRO.

Serán nueve espectáculos y 4 nuevos proyectos presentados en formato pitching.

13 COMPAÑÍAS DE ESCENA GALEGA PRESENTES EN GALICIA ESCENA PRO.

Galicia Escena PRO, a feira galega das artes escénicas, celébrase entre o luns 11 e o xoves 14 de xuño, en 4 escenarios de Santiago de Compostela: o Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio ABANCA do Preguntoiro e Arteria Noroeste.

Nesta edición de 2018 son 150 os profesionais acreditados/as entre profesionais da programación escénica, compañías, feiras e festivais.

Escena Galega estará presente a través do traballo de 13 das súas compañías. Presentarán espectáculo Contraproducións con "Fillos do sol", Talía Teatro con "O servidor de dous amos", Tanxarina con "A galiña azul", Producións Teatrais Excéntricas con "Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira", Sarabela Teatro con "O rei morre", Elefante Elegante con "Patapúm!", A Panadaría con "Elisa e Marcela", Eme2 Producións con "A leituga" e Ibuprofeno Teatro con "Casa O' Rei".

Alén disto, as presentacións de proxectos en formato pitching acollerán tamén a 4 das nosas compañías: Teatro del Andamio presentará o espectáculo "Insubmisión", Chévere o proxecto "Anatomía dunha serea", Inversa Teatro "Sofía e as postsocráticas" e a compañía PistaCatro "Arnoia Arnoia: o circo da casa pequena".

Este ano Galicia Escena PRO programa ademais, en colaboración con MADFeria, dúas producións madrileñas: "Soñando a Pinocho" da compañía La Tartana e "Lo nunca visto" de La Estampida.

Toda a información sobre os espectáculos, datas e horarios en www.galiciaescenapro.gal 

 

COMUNICADO DE ESCENA GALEGA EN APOIO A CARLOS SANTIAGO

COMUNICADO DE ESCENA GALEGA EN APOIO A CARLOS SANTIAGO

COMUNICADO DE ESCENA GALEGA EN APOIO A CARLOS SANTIAGO.

Dende a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas (Escena Galega) manifestamos a través deste comunicado, e na liña doutras asociacións, colectivos e profesionais do sector cultural, o noso apoio ao compañeiro escritor e dramaturgo Carlos Santiago, ante a persecución mediática á que está sendo sometido despois da súa actuación no pregón do Entroido de Santiago de Compostela.

Cremos firmemente na liberdade de expresión e creación nun eido, o artístico, no que traballan, viven e crean as nosas compañías, e que en ningún caso debe verse ameazada por debates que, consideramos, ademais de ser artificiais e alentados por intereses que pouco teñen que ver co respecto e a tolerancia, non se están desenvolvendo nos termos acaídos a unha sociedade plural, diversa, tolerante e democraticamente madura.

O Entroido supón ademais, de xeito ancestral, un tempo no que, como os compañeiros e compañeiras da Asociación DramaturGA expoñen no seu comunicado “a farsa e a sátira son artefactos pacíficos utilizados contra os poderes establecidos: o momento de subversión dos roles sociais e de transgresión momentánea das convencións morais e normativas” e foi nesa clave, estamos seguros e seguras, na que Carlos Santiago exerceu a súa liberdade como creador exercendo de pregoeiro do Entroido compostelán.

Defendemos agora a Carlos Santiago e sempre a todas as persoas profesionais da creación artística no exercicio das súas liberdades.

Escena Galega. En Santiago de Compostela, a luns 19 de febreiro de 2018.

Quieres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega y disfruta de todos los beneficios de nuestros asociados.

Ver condiciones

Líneas de contacto de Escena Galega

Dirección

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 605 263 755
info@escenagalega.gal

Síguenos

login