Escena Galega

ESCENA GALEGA é a asociación de referencia para o sector profesional das artes escénicas en Galicia, creada en marzo de 2002 por  iniciativa de 16 compañías de teatro. Actualmente está formada por 33 compañías e empresas produtoras, como resultado dun proceso de confluencia e cohesión iniciado en 2015 para reforzar o posicionamento da asociación como interlocutora coas institucións e demais axentes do medio e para impulsar o desenvolvemento empresarial de cara á modernización do sector, sen perder a identidade das compañías como motores creativos das artes escénicas galegas.

Somos un colectivo comprometido coa defensa da cultura e da lingua como ben común, disposto a construír un futuro socialmente mellor vertebrado. ESCENA GALEGA trata de aportar ferramentas para mellorar a capacitación profesional das empresas asociadas, provocar a sinerxia con outros axentes do sector, actúar como interlocutora diante das institucións e buscar a conexión con asociacións afins doutros territorios.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Centro de Negocios Cadoiro, R/ República Checa 52.
15707, Santiago de Compostela
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos