Elefante Elegante Elefante Elegante

Fundación 2007

O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

A compañia, de orixe galego-portuguesa, foi creada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro e ten a súa sede na Coruña. Nace para dar forma artística ás súas inquedanzas sociais e existen- ciais.

O Elefante Elegante comezou como proxecto experimental no ano 2000 co nome de Teatro Escondido. Este proxecto viaxou durante sete anos entre Galicia, Bélxica e Portugal e del facían parte actrices e actores de diferentes paises europeos. A súa in- terpretación baseábase no xogo corpo- ral co obxectivo de desenvolver unha linguaxe teatral universal. Estes anos de experimentación foron fundamen- tais para que poidera nacer o Elefante Elegante. Os seus espectáculos teñen sido acollidos en Galicia, Portugal, Bélxica, Suiza, Francia e Italia.

Elefante Elegante

Sede

  • Lugar de Castelo de Abaixo 19, 15189 Culleredo, A Coruña.

Teléfono

  • 633340988

E-mail

  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos