Contraproducións Contraproducións

Fundación 2007

Empresa de produción escénica sen elenco fixo que, baixo a orientación creativa de Cándido Pazó e Belén Pichel, director-autor e produtora titulares, procura a montaxe de espectáculos de signo aberto, contido crítico e relación amena e directa co público.

Como nova denominación do que foi ABRAPALABRA Creacións Escénicas, recolle a herdanza dos traballos producidos ou distribuídos por esta compañía, tanto de pequeno formato (como Memorias dun neno labrego, camiño das 200 funcións), medio (como As do peixe, Premio do Público do Festival Internacional de Teatro de Ribadavia 2013, Premios «María Casares» 2014 ao Mellor Texto Orixinal, Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista) ou grande (como A Piragua, Premios «María Casares» 2007, na súa primeira versión, ao Mellor Texto Orixinal, Mellor Iluminación, Mellor Música Orixinal, Mellor Actriz Protagonista).

CONTRAproducións ten unha especial vocación polo coidado lingüístico e textual, así como pola rendibilidade social dos seus produtos.

Contraproducións

Sede

  • Laraño 33-San Xián de Sales, 15885 Vedra, A Coruña

Teléfono

  • 605263755

E-mail

  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos