Chévere Producións Chévere Producións

Chévere é unha compañía de axitación teatral con 29 anos de traballo ao lombo, que en 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro. Neste tempo soubo manter con naturalidade unha proposta tan irreverente como xenuína e un sólido compromiso social, político e cultural.

En 1992 creou a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa, un espazo cultural independente único e irrepetible, ocupándose da dirección artística ata o seu peche en 2011.

Desde 2005 diversificou o seu teatro de operacións, participando en proxectos audiovisuais, executando innovadores proxectos de creación en internet e convertendo o teatro nunha útil ferramenta de divulgación científica, defensa do pequeno comercio e prevención da violencia machista. Desde 2012,

Chévere desenvolve un proxecto de residencia teatral no Concello de Teo (A Coruña). En 2015 puxo en marcha a Berberecheira, unha iniciativa de custodia do territorio teatral, un espazo para sementar proxectos escénicos de xestión colectiva.

Destaques

  • Chévere recibiu o Premio Nacional de Teatro 2014
Chévere Producións

Sede

  • CARBALLEIRA DE SAN LOURENZO 38-39 BAIXO C, Santiago de Compostela

Teléfono

  • 981 594996

E-mail

  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos