Artestudio Xestión Cultural

A compañía

Artestudio é danza, é teatro, son sinerxías que nos conectan co mundo e coas realidades que nos rodean.

Artestudio comeza a súa andadura no 2005 e ata hoxe busca desenvolver proxectos culturais que acheguen as artes vivas á xente, utilizando as artes escénicas como ferramenta para crear comunidade. 

Formado por un equipo multidisciplinar, Artestudio adícase á formación en diferentes disciplinas artísticas, á coordinación, xestión e produción de proxectos culturais, pero un dos nosos motores creativos máis importantes son as compañías coas que traballamos. 

Artestudio acompaña diferentes proxectos de artes escénicas en Galicia. En danza compartimos coa Cía Entremans (danza contemporánea), coa Cía Exire (danza contemporánea e urbana) e con Elahood (danza urbana). En teatro con Artestudio Teatro e con Xurxo Cortázar.

Estas compañías contan con propostas variadas en cartel, para público familiar ou adulto, espectáculos de longa duración ou pezas curtas e son adaptables a espazos exteriores e interiores.


  • Sede

    Rúa Marina Nieto Alvarez 12 Baixo, 15009 A Coruña
  • Correo-e

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos
  • 981131819
  • 696723016
  • 630867712
Web
© Escena Galega. Todos os dereitos reservados. Deseño: Diego Seixo.