Informe sobre a realidade sociolaboral da muller no sector cultural

A realidade sociolaboral da muller no sector cultural

Informe sobre a realidade sociolaboral da muller  no sector cultural

O CCG e a Xunta realizarán o informe sobre a realidade sociolaboral da muller

no sector cultural impulsado pola AAAG, AGA, Escena Galega e a Mostra de Cangas.

 

 

O Consello de Cultura Galega (CCG) e a Xunta de Galicia colaborarán na elaboración dun informe

sobre as condicións sociolaborais da muller no sector cultural, prestando especial atención ao

ámbito das artes escénicas e audiovisuais. Así quedou recollido nun acordo de colaboración

institucional asinado o pasado martes polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro

de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente do CCG, Ramón Villares.

A sinatura deste convenio culmina un longo proceso no que estiveron implicadas a Asociación de

Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual (AGA)

e a Mostra de Cangas. As catro entidades, en diversas reunións coa secretaría xeral de Igualdade,

Susana López Abella, coincidiron na necesidade de abordar e analizar a realidade sociolaboral da

muller no sector cultural a través dun estudo que agora se materializará e acordaron impulsar a

xunto a este departamento a elaboración do mesmo, tal e como anunciou a propia López Abella

durante a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas de 2016 no marco das xornadas Mulleres

en Acción.

Finalmente chegou a sinatura deste acordo por parte de Alfonso Rueda, Ramón Villares e Román

Rodríguez nun acto no que tamén asistiron como testemuñas outros cargos da administración

pública como son o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Agadic, Jacobo Sutil,

ou a propia secretaria de Igualdade.

Ademais, as devanditas entidades do sector das artes escénicas e audiovisuais estiveron presente na

sinatura do acordo de colaboración. A presidenta de Escena Galega, Belén Pichel; o presidente da

AGA, Carlos Ares; a vicepresidenta da AGA, Tamara Canosa, a directora da Mostra de Cangas,

María Armesto, a presidenta da AAAG, Nieves Rodríguez, e a vogal da AAAG, membro da súa

comisión de Igualdade, Laura Míguez, acudiron ao acto celebrado na Biblioteca do Consello da

Cultura Galega.

O informe

O obxectivo deste informe -que conta cun prazo de doce meses de elaboración- é que

-tomando como base estudos e informes cos que xa conta o Consello da Cultura- este organismo

realice unha análise máis exhaustiva sobre a realidade sociolaboral da muller na cultura galega

desde unha perspectiva estatística completándoa cunha investigación cualitativa. Nesta liña, farase

unha explotación estatística da Mostra Continua de Vidas Laborais e realizaranse un mínimo de 30

entrevistas co formato “historia de vida” a persoas que nalgún momento mantiveron unha

actividade profesional relacionada coa cultura, especialmente dentro do ámbito das artes escénicas e

 

do audiovisual.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Centro de Negocios Cadoiro, R/ República Checa 52.
15707, Santiago de Compostela
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos