ESCENA GALEGA PRESENTE EN MERCARTES.

A asociación tivo presenza no mercado estatal das artes escénicas grazas ao aopio da AGADIC, e presentou ademais o proxecto "Camiño Escena Norte".

ESCENA GALEGA PRESENTE EN MERCARTES.

Escena Galega estivo presente na edición 2018 de Mercartes, celebrada en Valladolid entre o 7 e o 9 de novembro, cunha representación da Xunta Directiva, a presidenta Belén Pichel e o tesoureiro Anxo Lamelo, ademais do xerente da asociación Diego V. Meizoso.

Trasladáronse á feira ademais representantes das nosas compañías asociadas Eme2, Lucecús Teatro, Contraproducións, Pistacatro e A Panadaría, no maior encontro profesional do sector en España, cun marcado carácter de visibilización e intercambio profesional.

Tanto asociación como compañías traballaron no stand da AGADIC, contando tamén Escena Galega cunha axuda da Axencia para a presenza na feira.

Alén de toda esta actividade, Mercartes acolleu a presentación profesional do proxecto Camiño Escena Norte, que promovemos xunto coas asociacións sectorias EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (Euskadi), un novo proxecto de itinerario de intercambio cultural por medio das artes escénicas nos territorios do Camiño de Santiago do Norte, proceso de traballo que naceu en Mercartes 2016 e que se atopa neste momento en busca de financiamento para a posta en marcha dunha primeira edición en setembro de 2019.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos