ESCENA GALEGA NO CULTURGAL 2018.

Como unha das 5 asociacións promotoras do Culturgal, elaboramos un amplo programa de actividade.

ESCENA GALEGA NO CULTURGAL 2018.

Escena Galega tomou parte na 11ª edición do Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais que impulsamos xunto coas asociacións sectoriais AGAPI, AGEM, EGANET e AGE.

Como xa é habitual nos últimos anos a xornada do venres 30 adicámola ao foro profesional das nosas xornadas, que este ano baixo o título "Unha escena galega para o futuro: na busca de novos modelos e sinerxias para a xestión e creación en artes escénicas", contaron con distintos bloques: un sobre xestión de espazos e proxectos de creación, outros sobre axudas públicas ás artes escénicas e por último unha mesa de debate intersectorial.

Contamos con convidados/as de Portugal, Bilbao, Sabadell e Barcelona, entre outros.

Na xornada do sábado 1 organizamos unha xuntanza de traballo da comisión organizadora do proxecto Camiño Escena Norte, que presentamos tamén no Espazo Foro acompañados/as dos nosos parceiros profesionais en Asturias (EscenAsturias), Cantabria (ACEPAE) e País Vasco (Eskena) O proxecto está na busca de financiamento definitivo e agardamos contar cunha primeira edición en setembro de 2019. Toda a info pódese consultar en www.escenanorte.com

Ademais doutra presentación no stand o domingo pola tarde, Escena Galega contou cun espazo corporativo no recinto feiral, na idea de que o stand da asociación sirva para visibilizar o traballo das súa compañías asociadas. Por segundo ano, contamos co noso photocall de apoio ás artes escénicas profesionais galegas, polo que pasou público xeral, así como persoeiros/as da nosa cultura, representantes políticos e institucionais.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos