Observatorio de igualdade das artes escénicas e audiovisuais de Galicia

Observatorio de igualdade das artes escénicas e audiovisuais de Galicia

O Observatorio de Igualdade  das Artes Escénicas e Audiovisual de Galicia constitúese como unha ferramenta para intentar salvar a fenda laboral que sofren as mulleres nestes sectores.

A súa función non só será analizar e avaliar a situación sociolaboral das profesionais destes ámbitos senón formular propostas concretas que propicien a igualdade real dirixidas a entidades públicas e privadas.

O Observatorio queda constituido por dez asociación que representan ao conxunto das actividades das artes escénicas e do auvisual de Galicia.

Escena Galega en Mercartes

Escena Galega en Mercartes

Escena Galega estivo  en Mercartes España. Durante os días 9, 10 e 11 de novembro o stand da AGADIC foi un espazo colectivo para o traballo en 'networking' onde estiveron presentes 16 compañías galegas.

www.mercartes.es

Teatro do Atlántico premio da crítica Galicia 2016

Teatro do Atlántico premio da crítica Galicia 2016

O xurado da modalidade de Artes Escénicas, formado por Areta Bolado, actriz, A Panadaría Teatro, gañadora edición anterior; Gustavo Pernas, escritor e director; Roberto Pascual, director MIT Ribadavia; Manuel Vieites García, director da EADG; Manuel Guede Oliva, director; Laura Ponte, actriz e Inmaculada López Silva, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Teatro do Atlántico, Kukas Producións Artísticas e Matarile Teatro. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Teatro do Atlántico, compañías asociada a Escena Galega.

Mais info sobre o evento aquí: http://premiosdacriticagalicia.org

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos