COMUNICADO DE ESCENA GALEGA EN APOIO A CARLOS SANTIAGO

COMUNICADO DE ESCENA GALEGA EN APOIO A CARLOS SANTIAGO.

COMUNICADO DE ESCENA GALEGA EN APOIO A CARLOS SANTIAGO

COMUNICADO DE ESCENA GALEGA EN APOIO A CARLOS SANTIAGO.

Dende a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas (Escena Galega) manifestamos a través deste comunicado, e na liña doutras asociacións, colectivos e profesionais do sector cultural, o noso apoio ao compañeiro escritor e dramaturgo Carlos Santiago, ante a persecución mediática á que está sendo sometido despois da súa actuación no pregón do Entroido de Santiago de Compostela.

Cremos firmemente na liberdade de expresión e creación nun eido, o artístico, no que traballan, viven e crean as nosas compañías, e que en ningún caso debe verse ameazada por debates que, consideramos, ademais de ser artificiais e alentados por intereses que pouco teñen que ver co respecto e a tolerancia, non se están desenvolvendo nos termos acaídos a unha sociedade plural, diversa, tolerante e democraticamente madura.

O Entroido supón ademais, de xeito ancestral, un tempo no que, como os compañeiros e compañeiras da Asociación DramaturGA expoñen no seu comunicado “a farsa e a sátira son artefactos pacíficos utilizados contra os poderes establecidos: o momento de subversión dos roles sociais e de transgresión momentánea das convencións morais e normativas” e foi nesa clave, estamos seguros e seguras, na que Carlos Santiago exerceu a súa liberdade como creador exercendo de pregoeiro do Entroido compostelán.

Defendemos agora a Carlos Santiago e sempre a todas as persoas profesionais da creación artística no exercicio das súas liberdades.

Escena Galega. En Santiago de Compostela, a luns 19 de febreiro de 2018.

ASAMBLEA XERAL NO FIOT DE CARBALLO

ASAMBLEA XERAL NO FIOT

ASAMBLEA XERAL NO FIOT DE CARBALLO

ESCENA GALEGA CELEBROU A SÚA ASEMBLEA XERAL NO MARCO DO FIOT DE CARBALLO.

O pasado xoves 19 de outubro Escena Galega celebrou a 3ª e derradeira Asemblea Xeral do ano 2017 no marco do FIOT (Festival Internacional de Outono de Carballo).

Á asemblea, celebrada en horario de mañá no salón de actos do Pazo da Cultura, asistiu unha boa representación das compañías asociadas, que posteriormente se atoparon nun xantar compartido.

A xornada pechouse cunha mesa redonda organizada entre o equipo do FIOT e Escena Galega con representantes de 4 festivais teatrais galegos, na que se trataron diversas cuestións que atinxen á relación entre as compañías e a organización dos festivais.

PROXECTO "CAMIÑOS DO NORTE"

"CAMIÑOS DO NORTE"

PROXECTO

ESCENA GALEGA ESTIVO EN BILBAO, CONVIDADA POR ESKENA, PARA CONTINUAR TRABALLANDO NO PROXECTO "CAMIÑOS DO NORTE".

Escena Galega estivo o pasado venres 22 de setembro en Bilbao, convidada por Eskena, para seguir co proceso de traballo para o proxecto "Camiños do Norte".

A xornada desenvolveuse no espazo de produción escénica "Harrobia Eskena", que xestiona a asociación profesional de Euskadi, e nela estiveron presentes tamén os/as representantes das asociacións de compañías de Cantabria (ACEPAE) e Asturias (ACPTA e Foro Escena)

A próxima cita no proceso de traballo será o luns 23 de outubro en La Laboral de Xixón, convidados polas asociacións profesionais asturianas.

ESCENA GALEGA PRESENTE EN FIRA TÀRREGA

ESCENA GALEGA PRESENTE EN FIRA TÀRREGA

ESCENA GALEGA PRESENTE EN FIRA TÀRREGA

Escena Galega ven de participar en Fira Tàrrega, unha das feiras de teatro máis importantes de todo o estado, ademais de mercado internacional das artes escénicas.

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas estivo presente na Fira con stand propio no espazo profesional, a Llotja, e unha ampla axenda de actividades que incluíu unha presentación oficial o sábado 9, xuntanzas bilaterais con institucións, festivais, compañías e outras asociacións (Merkatua de Navarra, Andalucía Sale, ILLENC, Gobierno de Canarias, Euskal Teatroa-Eusko Jaurlaritza, CulturArts da Comunidade de Valencia, Fira de Manresa...) ou unha degustación de produtos galegos-networking.

A asistencia a Fira Tárrega foi posible en virtude do convenio que Escena Galega ten asinado coa AGADIC.

ESCENA GALEGA na Feira de Teatro de Castela e León-Ciudad Rodrigo.

ESCENA GALEGA na Feira de Teatro de Castela e León-Ciudad Rodrigo.

Escena Galega estivo presente nunha das feiras de teatro referentes no noso contexto, arropupando a presenza galega na mesma (todas compañías asociadas): Baobab Teatro presentou como estrea en castelán o seu espectáculo "¡Pum, pum!", Pista Catro // Traspediante o seu espectáculo de danza-circo "Up 2 down" e Santiago Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro, recolleu o Premio Especial do Público 2016 por "Raclette".

Alén disto, a asociación mantivo xuntanzas con programadores/as e representantes de institucións culturais e circuítos de distribución de Castela e León, Extremadura, Andalucía, País Vasco e Cataluña, así como como co FITEI do Porto.

Distribuíronse en total 60 catálogos da asociación no Palacio de Montarco, sede dos vermús teatrais e cafés-tertulia, os espazos networking e mercado desta feira.

A asistencia de Escena Galega foi posible en virtude do convenio que a asociación ten asinado coa AGADIC.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos