ESCENA GALEGA ORGANIZOU EN VIANA O 2º ENCONTRO DE TRABALLO SOBRE CIRCULACIÓN ESCÉNICA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL.

Á xornada de traballo asistiron unha vintena de axentes escénicos dos dous territorios.

ESCENA GALEGA ORGANIZOU EN VIANA O 2º ENCONTRO DE TRABALLO SOBRE CIRCULACIÓN ESCÉNICA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL.
Organizado por Escena Galega, coa colaboración da Câmara Municipal de Viana do Castelo e o Teatro do Noroeste - CDV e apoio da Agadic e Cultura da Deputación daCoruña, este 2º encontro profesional de traballo sobre circulación escénica transfronteiriza reuniu a axentes escénicos (compañías, programadores/as, institucións, festivais) dos dous territorios para concretar accións específicas para a mobilidade escénica Galicia-Rexión Norte de Portugal.
 
Asistiron por parte de Escena Galega as compañías Elefante EleganteEmedous emoción&arteCaramuxo TeatroLucecús TeatroUrdimeIbuprofeno Teatro e Contraproducións e como representantes das compañías da Rexión Norte de Portugal o Teatro do Noroeste - CDV, Varazim Teatro - Associação CulturalTeatro Art'Imagem e Teatro da Didascália.
 
Tamén como representantes das administracións, programadores/as e festivais estiveron presentes o CDG - Salón Teatro, a MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia, o Concello de Tui, a Câmara Municipal de Viana do Castelo, Fazer a Festa - Festival Internacional de Teatro, o Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia, a Erregueté e a Direção Regional de Cultura do Norte.

PRIMEIRA ASEMBLEA XERAL DO ANO EN LUGO

PRIMEIRA ASEMBLEA XERAL DO ANO EN LUGO

 PRIMEIRA ASEMBLEA XERAL DO ANO EN LUGO

ESCENA GALEGA CELEBROU A PRIMEIRA ASEMBLEA XERAL DO ANO EN LUGO.

  O pasado martes 20 de febreiro Escena Galega celebrou a 1ª Asemblea Xeral do ano 2018 na Casa do Saber de Lugo, convidados pola USC / Campus Terra e tendo como anfitrionas ás dúas compañías asociadas con sede na cidade: Lucecús Teatro e Palimoco Teatro.

  Á asemblea, celebrada en horario de mañá, asistiu unha boa representación das compañías asociadas, que posteriormente se atoparon nun xantar compartido.

  A xornada contou tamén cun xantar compartido entre as compañías e pola mañá mantivemos un breve encontro co Vicerreitor de Coordinación da USC no Campus de Lugo, D. Javier Bueno, e con Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, que presentou ás compañías un proxecto relacionado coa posta en escena de pezas da obra dramática do autor de Outeiro de Rei.
 
A actividade ía pecharse cun encontro profesional con representantes do Concello e Deputación Provincial ás 16.00 h que finalmente, pola non asistencia destas, non puido celebrarse, polo que dende Escena Galega quixemos facer público este comunicado manifestando a nosa preocupación pola situación das artes escénicas profesionais galegas na provincia de Lugo:


ESCENA GALEGA CELEBROU OS SEUS ENCONTROS PROFESIONAIS EN LUGO E MOSTRA A  SÚA FONDA PREOCUPACIÓN POLA POUCA PRESENZA DAS ARTES ESCÉNICAS PROFESIONAIS GALEGAS NESTA PROVINCIA.


Lugo, a venres 23 de febreiro de 2018.

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) celebrou na cidade de Lugo o primeiro dos Encontros Profesionais do ano 2018, que organiza periodicamente no marco das súas Asembleas Xerais, entendendo como fundamental a interlocución e debate entre as súas compañías e os distintos axentes implicados no sector das artes escénicas: programadores/as, institucións, festivais, etc. A Universidade de Santiago / Campus Terra acolleu, en horario de mañá, a Asemblea Xeral da asociación, podendo ter ademais as compañías un pequeno encontro co Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo D. Javier Bueno. A maiores, convidamos ao secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, a expoñer e compartir cos nosos asociados/as un proxecto no que dende a Casa-Museo están traballando sobre a obra dramática do autor, e que pode ser de especial interese para Escena Galega.

A asociación considera perentorio, ademais, establecer un diálogo e debate construtivo e propositivo sobre a situación das artes escénicas galegas na provincia de Lugo a nivel de promoción e programación por parte das institucións, que dende Escena Galega consideramos absolutamente insuficientes, sen continuidade nin visión estratéxica a medio-longo prazo, máis se comparamos esta situación coa actividade en prol do traballo das compañías galegas englobadas na nosa asociación levado a cabo por outras deputacións provinciais, cidades e vilas galegas en forma de circuítos profesionais e redes de distribución e programación estable e continuada no tempo.

Con este obxectivo Escena Galega organizara ás 16.00 h. dese mesmo día un encontro coas representantes do Concello de Lugo Dª Mª Carmen Basadre Vázquez (Concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua) e da Deputación Provincial Dª Pilar García Porto (Deputada de Cultura, Patrimonio e Educación) que, malia ter confirmado a súa presenza e contar co seu compromiso, incluso no día anterior á actividade, finalmente non se puido celebrar xa que ningunha das dúas representantes asistiu, informando desta circunstancia no mesmo día do mesmo sen marxe de maniobra por parte da nosa asociación.

Á actividade do martes 20 de febreiro na cidade de Lugo acudiran 15 compañías, das cales 13 viñan de fóra da provincia: Baobab Teatro, BocAberta, ButacaZero, Caramuxo Teatro, Contraproducións, Chévere, Lucecús Teatro, Malasombra Producións, Matrioshka Teatro, Palimoco Teatro, Producións Teatrais Excéntricas, Redrum Teatro, Teatro del Andamio, Teatro do Noroeste e Urdime.

Segunda parte do curso de Xestión Integral de Proxectos

Impartido por Cándido Pazó

Segunda parte do curso de Xestión Integral de Proxectos

Acaba de comezar o curso "Memoria Artística" impartido por Cándido Pazó. 
O curso de Xestión Integral para proxectos de subvencións públicas", consta de tres partes a primeira de "Realización e documentación" foi impartida o día 26 de abril por Miguel Martín, hoxe está Cándido Pázo, e a última parte sobre "Xustificación" o día 10 de maio impartido por Miguel Martín.

Este curso está subvencionado pola Agadic.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Rúa Castiñeiro, 10 local 9
15894, Os Tilos-Teo
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos