ASAMBLEA XERAL NO FIOT DE CARBALLO

ASAMBLEA XERAL NO FIOT

ASAMBLEA XERAL NO FIOT DE CARBALLO

ESCENA GALEGA CELEBROU A SÚA ASEMBLEA XERAL NO MARCO DO FIOT DE CARBALLO.

O pasado xoves 19 de outubro Escena Galega celebrou a 3ª e derradeira Asemblea Xeral do ano 2017 no marco do FIOT (Festival Internacional de Outono de Carballo).

Á asemblea, celebrada en horario de mañá no salón de actos do Pazo da Cultura, asistiu unha boa representación das compañías asociadas, que posteriormente se atoparon nun xantar compartido.

A xornada pechouse cunha mesa redonda organizada entre o equipo do FIOT e Escena Galega con representantes de 4 festivais teatrais galegos, na que se trataron diversas cuestións que atinxen á relación entre as compañías e a organización dos festivais.

Informe sobre a realidade sociolaboral da muller no sector cultural

A realidade sociolaboral da muller no sector cultural

Informe sobre a realidade sociolaboral da muller  no sector cultural

O CCG e a Xunta realizarán o informe sobre a realidade sociolaboral da muller

no sector cultural impulsado pola AAAG, AGA, Escena Galega e a Mostra de Cangas.

 

 

O Consello de Cultura Galega (CCG) e a Xunta de Galicia colaborarán na elaboración dun informe

sobre as condicións sociolaborais da muller no sector cultural, prestando especial atención ao

ámbito das artes escénicas e audiovisuais. Así quedou recollido nun acordo de colaboración

institucional asinado o pasado martes polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro

de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente do CCG, Ramón Villares.

A sinatura deste convenio culmina un longo proceso no que estiveron implicadas a Asociación de

Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual (AGA)

e a Mostra de Cangas. As catro entidades, en diversas reunións coa secretaría xeral de Igualdade,

Susana López Abella, coincidiron na necesidade de abordar e analizar a realidade sociolaboral da

muller no sector cultural a través dun estudo que agora se materializará e acordaron impulsar a

xunto a este departamento a elaboración do mesmo, tal e como anunciou a propia López Abella

durante a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas de 2016 no marco das xornadas Mulleres

en Acción.

Finalmente chegou a sinatura deste acordo por parte de Alfonso Rueda, Ramón Villares e Román

Rodríguez nun acto no que tamén asistiron como testemuñas outros cargos da administración

pública como son o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Agadic, Jacobo Sutil,

ou a propia secretaria de Igualdade.

Ademais, as devanditas entidades do sector das artes escénicas e audiovisuais estiveron presente na

sinatura do acordo de colaboración. A presidenta de Escena Galega, Belén Pichel; o presidente da

AGA, Carlos Ares; a vicepresidenta da AGA, Tamara Canosa, a directora da Mostra de Cangas,

María Armesto, a presidenta da AAAG, Nieves Rodríguez, e a vogal da AAAG, membro da súa

comisión de Igualdade, Laura Míguez, acudiron ao acto celebrado na Biblioteca do Consello da

Cultura Galega.

O informe

O obxectivo deste informe -que conta cun prazo de doce meses de elaboración- é que

-tomando como base estudos e informes cos que xa conta o Consello da Cultura- este organismo

realice unha análise máis exhaustiva sobre a realidade sociolaboral da muller na cultura galega

desde unha perspectiva estatística completándoa cunha investigación cualitativa. Nesta liña, farase

unha explotación estatística da Mostra Continua de Vidas Laborais e realizaranse un mínimo de 30

entrevistas co formato “historia de vida” a persoas que nalgún momento mantiveron unha

actividade profesional relacionada coa cultura, especialmente dentro do ámbito das artes escénicas e

 

do audiovisual.

.

ESCENA GALEGA NO CULTURGAL 2017

.
ESCENA GALEGA ADICA AS SÚAS XORNADAS PROFESIONAIS NO CULTURGAL 2017 Á CIRCULACIÓN ESCÉNICA TRANSFRONTEIRIZA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL.
 
Un encontro con distintos axentes culturais (institucións, compañías, proxectos culturais, festivais de artes escénicas) de Galicia e Norte de Portugal promovido para reflexionar sobre a posibilidade e viabilidade da circulación escénica transfronteiriza.
 
A primeira parte das xornadas, entre as 10.00 e as 14.00 h, está aberta a público xeral previa inscrición, toda a información no seguinte enlace: www.escenagalega.gal/culturgal.
 

Na xornada de tarde, entre as 16.00 e as 19.00 h, organizamos distintas mesas de traballo sobre o tema das xornadas na que participarán, previo convite de Escena Galega, distintos axentes culturais do sector das artes escénicas dos dous lados do Miño, entre os que destacan, por exemplo, o CDG, MIT de Ribadavia, Mostra de Teatro Cangas, Concello de Tui, Teatro Principal de Ourense, Deputación da Coruña, Centro Dramático de Viana, DRCN, Instituto Camões, FITEI do Porto, Art'Imagem, Peripécia Teatro ou Teatro de Marionetas do Porto.
 
 

PROXECTO "CAMIÑOS DO NORTE"

"CAMIÑOS DO NORTE"

PROXECTO

ESCENA GALEGA ESTIVO EN BILBAO, CONVIDADA POR ESKENA, PARA CONTINUAR TRABALLANDO NO PROXECTO "CAMIÑOS DO NORTE".

Escena Galega estivo o pasado venres 22 de setembro en Bilbao, convidada por Eskena, para seguir co proceso de traballo para o proxecto "Camiños do Norte".

A xornada desenvolveuse no espazo de produción escénica "Harrobia Eskena", que xestiona a asociación profesional de Euskadi, e nela estiveron presentes tamén os/as representantes das asociacións de compañías de Cantabria (ACEPAE) e Asturias (ACPTA e Foro Escena)

A próxima cita no proceso de traballo será o luns 23 de outubro en La Laboral de Xixón, convidados polas asociacións profesionais asturianas.

Queres formar parte de Escena Galega?

Únete a Escena Galega e goza de todos os beneficios dos nosos asociados.

Ver condicións

Liñas de contacto de Escena Galega

Enderezo

Centro de Negocios Cadoiro, R/ República Checa 52.
15707, Santiago de Compostela
A Coruña

Contacto

+34 647 478 236
info@escenagalega.gal

Síguenos